2ª semana contra desperdicio

Mercadona participa na 2.ª Semana contra o desperdicio promovida pola AECOC

23 de septembro de 2019
  • A compañía repite como entidade colaboradora na 2.ª Semana contra o desperdicio, que se celebra do 23 ao 28 de setembro.
  • Esta iniciativa conta coa participación de empresas e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
  • Mercadona dispón dende hai anos de varias estratexias para previr o desperdicio de alimentos.

O desperdicio de alimentos é un tema que segue preocupando ás administracións, consumidores, bancos de alimentos e empresas. E, por iso, a Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC) leva anos promovendo a concienciación e a colaboración de todos os elos da cadea alimentaria.

A 2.ª Semana contra o desperdicio ten o obxectivo, un ano máis, de poñer en común o que cada elo desa cadea fai para reducir o desperdicio alimentario.

Mercadona quíxose sumar á campaña de concienciación na súa rede de tendas para contribuír a seguir estudando e compartindo accións que axuden a reducir o desperdicio de alimentos. De feito, Mercadona está adherida dende o ano 2012 á iniciativa da AECOC "A alimentación non ten desperdicio, aprovéitaa" e dispón ademais de varias estratexias para evitar o desperdicio de alimentos.

Vídeo en español:

Como evitar o desperdicio de alimentos no fogar

Nestas guías compartimos como evitar o desperdicio de alimentos no fogar.

Documento en español:

 

Guía Hogares contra desperdicio AVACU

Descargar