- Entre a oferta, destaca o ambientador Marine, o limpador do cadro, o das tapicerías e alfombras, e o do parabrisas.
- Provedores como Francisco Aragón en Molina de Segura (Murcia), SPB en Cheste ou Relevi en Italia, son os responsables de elaborar parte desta oferta.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrece múltiples solucións para que os seus “Xefes” (clientes) poidan limpar os seus vehículos este verán. Esta ampla oferta está dispoñible nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España e Portugal.
Para a limpeza do cadro, Mercadona aposta por un spray elaborado polo provedor Francisco Aragón en Molina de Segura (Murcia), con efecto antiestático que evita que o po se adhira sobre as superficies tratadas.
Por outro lado, para a tapicería e as alfombras, “O Xefe” pode optar por unha escuma activa que limpa a sucidade dos tecidos depositando unha capa que disolve e absorbe a sucidade. En canto ao parabrisas, destaca a solución que se presenta nun formato de dous litros. Este produto pódese engadir directamente no depósito do lavaparabrisas do coche, ou ben, cunha baeta de microfibra, limpar os faros e os cristais do vehículo. Ambos os dous produtos están elaborados por SPB en Cheste (Valencia).
Por último, entre os distintos ambientadores que existen, destaca o de reixas Marine, elaborado polo provedor italiano RELEVI e presentado nun envase fabricado cun 80 % de plástico reciclado.
Selección para limpar o coche en Mercadona.