- Entre a oferta, destaca a pedra pómez natural e a lima raspadora para pulir durezas, así como o cortador de cutículas.
- Co obxectivo de incrementar a efectividade da limpeza das uñas, a compañía reforza a calidade do seu cepillo suavizando e aumentando o número de sedas.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrece múltiples solucións para que os seus “Xefes” (clientes) poidan facer a pedicura este verán. Entre a oferta de Mercadona para facer a pedicura, destaca o cortador de cutículas de dobre uso, que serve tanto para cortar como para empuxar esta parte. Así mesmo, a compañía ofrece dúas solucións para pulir as durezas e asperezas dos pés, como a pedra pómez natural, de edición limitada e cunha superficie exfoliante fabricada con materiais naturais hipoalerxénicos, ou a lima raspadora, que se pode usar tanto coa pel seca como mollada.
Ademais, este verán a compañía presenta o seu cepillo das uñas de Deliplus renovado. O cambio, centrado en incrementar a efectividade da limpeza, caracterizouse por aumentar o número de sedas, así como a súa suavidade.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde, e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
Oferta para facer a pedicura de Mercadona.