As tinturas en tons cinza 0 % amoníaco son unha excelente opción para cambiar de look ou cubrir as túas canas cun acabado moi natural.

Coida o teu pelo coa nosa liña de Tinturas sen amoníaco en tons cinza

29 de septembro de 2022

Dende agora xa podes encontrar Tinturas en tons cinza 0 % amoníaco en Mercadona. Se buscas un cambio de look e/ou queres cubrir as túas canas respectando ao máximo o teu cabelo, este tipo de tintura é o que necesitas.

Ademais, é moi fácil de aplicar. Anímaste a probalo?

Que produtos contén a caixa de Tinturas cor cinza sen amoníaco?

  • Emulsión Reveladora 75 ml
  • Tubo de Crema Coloración Permanente 60 ml
  • Tratamento Nutritivo Post Color 60 ml
  • Sérum 5 Beneficios 1,5 ml
  • Folleto + guantes

Características desta liña de tinturas

  • As Tinturas en tons cinza 0 % amoníaco ofrécenche unha coloración permanente sen amoníaco. Un acabado natural e uniforme, e a protección que o teu cabelo necesita.
  • A unión entre os seus aceites vexetais (Argan Oil, Jojoba, Karité), a súa fórmula colorante e a tecnoloxía PLEXREPAIR proporcionan un resultado único: cabelo coidado, cores duradeiras e cheas de vida.
  • Restaura a estrutura interna do teu cabelo, aumentando a súa resistencia á rotura.

Modo de uso

Preparación

1. Cubre os teus ombreiros cunha toalla e pon os guantes.

2. Desenrosca o frasco aplicador que contén a Emulsión Reveladora e engade o contido do Tubo de Crema Coloración Permanente.

3. Cerra o frasco aplicador e axita enerxicamente ata conseguir unha mestura homoxénea.

4. Rompe a punta do aplicador inmediatamente despois da mestura para evitar que o frasco explote e se produzan proxeccións prexudiciais do produto. Aplica o produto de inmediato. Tamén pode aplicarse nun cunco e con pincel.

Aplicación das Tinturas 0 % amoníaco en tons cinza

Opción 1. Aplicación en cabelos tinguidos

  1. Aplica a mestura sobre o cabelo seco. Reparte o produto sobre as raíces, separando os cabelos raia por raia coa axuda da punta do aplicador ou ben coa punta do pincel. Cubre todas as raíces. Deixa actuar 20 minutos. En caso de ter moitos cabelos brancos, 25 minutos. Se neste proceso a mestura escureceu, non te preocupes, xa que non inflúe no rendemento do produto.
  2. Aplica o resto do produto sobre medios e puntas. Masaxea lixeiramente e deixa actuar 10 minutos.

Opción 2. Aplicación en cabelos naturais, tinguidos dende hai máis de 3 meses ou cunha cor moi diferente á que se quere aplicar

  1. Aplica a mestura sobre o cabelo seco. Reparte o produto sobre as raíces, separando os cabelos raia por raia coa axuda da punta do aplicador ou ben coa punta do pincel. Cubre todas as raíces.
  2. A continuación, reparte o resto do produto sobre medios e puntas. Masaxea lixeiramente e deixa actuar 30 minutos. En caso de ter moito cabelo branco, 35 minutos. Se neste proceso a mestura escureceu, non te preocupes, xa que non inflúe no rendemento do produto.

Nota importante: non gardes nunca os restos xa mesturados de produto.

Aclarado

1. Tras o tempo de espera, enxauga cunha pouca auga o cabelo e realiza unha lixeira masaxe. A continuación, aclara coidadosa e abundantemente con auga morna ata que a auga saia clara. Procede entonces a realizar 2 lavados con xampú ata eliminar calquera resto de produto.

2. Aplica o tratamento nutritivo +PLEXREPAIR sobre o teu cabelo. Masaxea lixeiramente e deixa actuar de 2 a 3 minutos. Aclara abundantemente con auga. Conserva o resto do produto para futuras aplicacións.

Acabado

Para finalizar, estende unhas gotas de Sérum 5 Beneficios sobre as mans e repárteo uniformemente de medios a puntas, evitando as raíces. Axusta a dose segundo a lonxitude do teu pelo. Podes aplicalo sobre o cabelo húmido ou seco.

Precaucións de uso

Os colorantes do cabelo poden causar reaccións alérxicas graves. É indispensable respectar as seguintes indicacións:

  • Manteno fóra do alcance dos nenos.
  • Este produto non está destinado a utilizarse en persoas menores de 16 anos.
  • As tatuaxes temporais de "henna negra" poden aumentar o risco de alerxia.
  • É obrigatorio levar a cabo unha proba de alerta de alerxia na pel 48 horas antes de cada utilización do produto, incluso se xa te tinguiches algunha vez.
    • Como realizar a proba de alerta de alerxia?:

1. Quita os pendentes das orellas.

2. Limpa con alcohol unha pequena zona da pel detrás da orella de 1cmx1cm e apliqua unha pequena cantidade de Crema coloración permanente(1B)

3. Repite esta aplicación 2 ou 3 veces máis na mesma zona deixando secar previamente a aplicación anterior e espera 48 horas sen lavar, cubrir, nin tocar.

4. Cerra o tubo con coidado e consérvao para a súa utilización 48 horas despois.

5. Se no transcurso deste período aprecias avermellamento ou outras alteracións cutáneas como proídos, inchazón, etc. aclara inmediatamente a zona e NON APLIQUES A COLORACIÓN.

Ten en conta que a proba de alerta de alerxia é unha precaución importante, pero non é unha garantía para evitar futuras reaccións alérxicas. Por favor, consulta a un médico se tes algunha dúbida.

  • Usa guantes apropiados.
  • Evita o contacto coa pel e cos ollos. Se o produto entra en contacto cos ollos, aclara inmediata e abundantemente con auga e acude a un médico. En caso de levar lentes de contacto, retíraas antes de aclarar.
  • Non uses este produto para tinguir cellas, pestanas, barba nin bigote.
  • Non inxiras o produto.
  • Prepara e aplica a mestura preferentemente nun lugar ben ventilado.
  • No expoñas o produto á calor e á luz.
  • Aclara ben o cabelo tras a aplicación.

No utilices a tintura capilar:

  • Se tes algunha erupción cutánea no rostro ou tes o coiro cabeludo sensible, irritado ou danado.
  • Se algunha vez experimentaches calquera tipo de reacción despois da coloración do cabelo.
  • Se algunha vez experimentaches unha reacción ás tatuaxes temporais de "henna negra".
  • Se os teus cabelos se tinguiron con "henna" ou cunha coloración progresiva.

En caso de que tiveses algunha reacción anteriormente, consulta a un médico antes de aplicar a coloración.

Se durante a coloración experimentas:

  • Proído, ardor e/ou erupción, aclara inmediatamente e non continúes utilizando o produto. Non utilices de novo o produto sen antes consultar a un médico.
  • Erupción da pel que se estende rapidamente, mareo ou desfalecemento, dificultades para respirar e/ou inchazón nos ollos, aclara inmediatamente e pide asistencia médica.

Se nos días seguintes á coloración experimentas:

  • Problemas como proído, erupcións, ampolas e/ou sudación no coiro cabeludo ou na pel, inchazón nos ollos e/ou na cara, consulta inmediatamente a un médico.

Outras recomendacións

Tes o pelo rizado? Sigue o Método Curly cos produtos da Liña Curl Perfect para telo perfecto e controlar o encrespamento.

Pero se o que queres é iluminar e revitalizar a cor do teu pelo ao instante, proba a Máscara Color Reviva.

Temos os mellores produtos para unha depilación rápida, cómoda e indolora.