Catro variedades de Candeas Aromáticas en vaso de cristal

Mercadona ofrece catro variedades de Candeas Aromáticas en vaso de cristal

17 de outubro de 2022
  • Talco, Chai, Vainilla e Froitos Silvestres son os aromas que teñen os “Xefes” para crear un agradable ambiente no fogar, agora que se está máis na casa coa chegada do outono.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrécelles aos “Xefes” (clientes) catro variedades de Candeas Aromáticas en vaso de cristal con aroma a Talco, Chai, Vainilla e Froitos Silvestres para crear un ambiente agradable, agora que a chegada do outono anima a estar máis na casa.

O deseño destas candeas permite utilizalas como centro da mesa, para ambientar unha cea romántica ou como elemento decorativo en todo tipo de ambientes ou situacións.

Esta selección está dispoñible nas máis de 1.600 tendas que Mercadona ten situadas en España e Portugal e son elaboradas polo Provedor Totaler Francisco Aragón, que fabrica este produto nas instalacións da compañía na localidade de Molina de Segura (Murcia).

Candeas Aromáticas en vaso de cristal de MercadonaAs catro variedades de Candeas Aromáticas en vaso de cristal de Mercadona.