- A compañía, que comezou a vender estes productos en marzo de 2019 na provincia de Valencia, implántaos un ano despois en todas as tendas de España tras a boa acollida por parte do cliente.
- O Provedor Totaler J. García Carrión produce e elabora estes produtos en colaboración con agricultores valencianos.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, mellora a Orchata e a Bebida de Chufa Hacendado para facelas máis naturais, e vende 16.000 unidades ao día. A compañía, en colaboración co Proveedor Totaler J. García Carrión, innova na fórmula e elimina alérxenos e intolerancias en ambas as bebidas.
J. García Carrión produce e elabora a Orchata e a Bebida de Chufa de Mercadona en colaboración con agricultores valencianos. Estes productos, que se recomendan beber en frío, comercialízanse en formato de 1 litro e, no caso da Orchata Hacendado, tamén en packs de 3 mini bricks de 330 ml cada un. A boa acollida destas bebidas por parte do “Xefe” (cliente), que comenzaron a venderse en marzo de 2019 nas tendas da provincia de Valencia, provocou que actualmente se vendan en todas as tendas de España.
Orchata de Chufa no liñal de Mercadona.
Bebida de Chufa e Orchata de Chufa no liñal de Mercadona.