- A colección está dispoñible en toda a cadea dende mediados do mes de marzo.
- Os Provedores Totaler RNB (La Pobla de Vallbona, Valencia) e Laboratorios Maverick (Ulldecona, Tarragona) son os responsables de elaborar estes produtos.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda unha nova liña corporal de edición limitada para ela, Elixir Spring Bloom, caracterizada por compartir unha mesma fragrancia primaveral.
Esta novidade, dispoñible dende mediados de marzo e ata o verán na Perfumería da compañía, está composta por cinco produtos distintos, todos eles elaborados con ingredientes naturais e presentados en elegantes e prácticos envases. A liña está composta por unha Eau de Parfum, un Exfoliante Corporal, Xel Micelar de Baño, Hidratante corporal textura Iogur e Desodorizante Body Spray.
O Provedor Totaler RNB é o responsable de elaborar estes produtos nas súas instalacións situadas en Rafelbunyol (Valencia), salvo o Desodorizante Body Spray, que produce Laboratorios Maverick en Ulldecona (Tarragona).
Elixir Spring Bloom, colección corporal de edición limitada para ela en Mercadona.