- A colección está dispoñible en toda a cadea ata esgotar as existencias.
- Os Provedores Totaler RNB, nas súas instalacións situadas en La Pobla de Vallbona (Valencia), e Jesús Gómez, en Rafelbuñol (Valencia), son os responsables de elaborar esta novidade.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda unha nova liña corporal para todos os públicos de edición limitada, Elixir d’Automne de Deliplus, caracterizada por compartir unha mesma fragrancia outonal. Esta novidade, dispoñible dende principios de novembro e ata esgotar as existencias na Perfumería da compañía, está composta por oito produtos distintos, todos eles elaborados con ingredientes naturais e presentados en elegantes e prácticos envases.
A liña de Elixir d’Automne de Mercadona está composta por unha Crema das Mans, Eau de Toilette, un Exfoliante Corporal, Xel de Baño, Xabón das Manos, Manteiga Corporal, Sal de Baño e Aceite Corporal. Todos eles, en diferentes formatos e texturas, desprenden a mesma fragrancia outonal composta por notas de bergamota e froitos vermellos, cun corazón floral e un fondo amadeirado cremoso.
Jesús Gómez é o Provedor Totaler responsable de elaborar os sales de baño nas súas instalacións situadas en Rafelbunyol (Valencia); mentres que RNB, en La Pobla de Vallbona (Valencia), é o encargado do resto dos produtos que compoñen esta liña, onde destaca a súa aposta pola sostibilidade medioambiental con envases elaborados con plástico 100 % reciclado, como é o caso da manteiga, o aceite, o exfoliante, o xel de baño ou o xabón das mans.
Elixir d’Automne, colección corporal de edición limitada en Mercadona.