- Esta novidade é o resultado de máis de 40 probas na casa dos xefes (clientes) e no seu Centro de Coinnovación Lavado de Roupa.
- O Provedor Totaler SPB fabrica este produto de limpeza nas súas instalacións situadas en Cheste (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, tras escoitar as necesidades dos seus “Xefes” (clientes), lanza un novo desinfectante de tecidos para a lavadora e vende máis de 16.000 litros diarios. Esta novidade, o Desinfectante para Tecidos Bosque Verde, caracterízase por ser un produto sen lixivia, que elimina bacterias, malos olores e cun agradable aroma.
A compañía detectou esta necesidade tras escoitar aos seus “Xefes” e, dende entón, realizou máis de 40 probas nas súas casas e no seu Centro de Coinnovación Lavado de Roupa situado en Bormujos (Sevilla), para desenvolvelo de acordo ás necesidades do cliente.
A empresa SPB é o Provedor Totaler que fabrica este produto de limpeza no seu centro de Cheste (Valencia), que se vende dende o pasado mes de agosto en formato de dous litros, situado xunto aos deterxentes e suavizantes para a roupa en toda a cadea de supermercados.
O novo Desinfectante para Tecidos Bosque Verde, no lineal de Mercadona.