- Trátase dun cosmético con carbón activo e microesferas de rocha volcánica que elimina as impurezas e as células mortas.
- O produto, dispoñible dende principios de xullo en toda a cadea, é fabricado polo Provedor Totaler Viokox en Picassent (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, amplía o número de cosméticos destinados para o home cun novo exfoliante facial de Deliplus. Deste produto, dispoñible dende principios de xullo en toda a cadea, véndense 2.000 unidades ao día.
O Provedor Totaler Viokox é o responsable de elaborar, baixo a marca Deliplus, este xel limpador exfoliante de Mercadona nas súas instalacións situadas en Picassent (Valencia). Trátase dun cosmético con carbón activo e microesferas de rocha volcánica que elimina as impurezas e as células mortas, ao tempo que destoxifica, desobstrúe os poros e diminúe o exceso de graxa.
O produto, desenvolvido pola compañía tras captar esta necesidade nos centros de coinnovación de Mercadona -espazos onde se realizan sesións cos “Xefes” (clientes) para innovar conxuntamente-, véndese na sección de Perfumería nun práctico formato de 100 ml.
Exfoliante facial para home na Perfumería de Mercadona.