- O programa ten unha duración de 14 días e está composto por ampolas efecto Detox Antipolución, Antiestrés, Hidratante, Rexeneradora, Firmeza e Elasticidade, Antiengurras e Luminosidade.
- O Provedor Totaler VIOKOX elabora este produto cosmético nas súas instalacións da localidade valenciana de Picassent.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, lanzou este Nadal o programa intensivo de 14 días Reactiva a túa pel de Deliplus, a base de ampolas concentradas indicadas para todo tipo de peles.
A orde de aplicación comeza coas ampolas Detox Antipolución, para protexer da contaminación e da luz azul dos dispositivos electrónicos, como ordenadores e móbiles. Séguelle a aplicación das de tratamento Antiestrés para calmar a pel, achegándolles suavidade e frescura, e Hidratante, que tamén suaviza as engurras pola súa acción de recheo.
A continuación, as ampolas Rexenera promoven a creación de coláxeno e elastina, seguidas das de Firmeza e Elasticidade, Antiengurras e Luminosidade. Cada un destes sete coidados aplícase durante dous días.
A empresa VIOKOX é o Provedor Totaler de Reactiva a túa pel de Mercadona dende o seu centro na localidade valenciana de Picassent. A empresa encóntrase nun proceso de crecemento no que renovou maquinaria, ampliou a súa capacidade envasadora de tarros e botellas e implantou un sistema de visión artificial para o control da etiquetaxe.
O tratamento Reactiva a túa pel, no lineal de Mercadona.