Cacahuete en po de Mercadona

Mercadona lanza o seu novo Cacahuete en po desgraxado e xa vende máis de 5.000 paquetes ao día

13 de septembro de 2021
  • Ideal para deportistas por ser una opción baixa en graxas e alta en proteína, resulta moi versátil para os amantes da cociña, mesturándoo en batidos, en pasteis ou en pratos salgados como salsa.
  • Importaco é o Provedor Totaler dende as súas instalacións en Beniparrell (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, presenta o Cacahuete en po desgraxado de Hacendado +Proteínas, do que vende máis de 5.000 paquetes ao día. O seu único ingrediente é o cacahuete prensado, desgraxado e moído para conseguir un produto moito menos calórico que o cacahuete en gran, sen perder con iso un intenso sabor a cacahuete torrado.

Dirixido aos “Xefes” (clientes) que se coidan e aos que lles gusta cociñar, é ideal para deportistas por ser unha opción baixa en graxas e alta en proteína e resulta moi versátil para os amantes da cociña, mesturándoo en batidos, en pasteis ou en pratos salgados como salsa.

Combina moi ben con iogur natural, grego ou +Proteínas, así como con iogur batido natural, leite ou bebidas vexetais. Tamén se poden facer barriñas, galletas, tortiñas americanas e biscoitos ou cremas, potaxes e salsas. A empresa de Beniparrell (Valencia) Importaco é o Provedor Totaler deste produto.

Cacahuete en po de MercadonaO novo Cacahuete en po desgraxado de Hacendado, no lineal de Mercadona.