As novas Toalliñas Antibafo de Bosque verde

Mercadona lanza as súas novas toalliñas antibafo para lentes por un euro

05 de xullo de 2021
  • Este produto evita que as lentes se embacen polo uso da máscara e pode empregarse tantas veces como sexa necesario.
  • O Provedor Totaler Ubesol fabrica este produto no seu centro de Atzeneta d´Albaida (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, incorpora á súa oferta as súas novas Toalliñas Antibafo Bosque Verde para lentes. Este produto, que ten un prezo dun euro, evita que as lentes se embacen, algo habitual co uso da máscara.

Trátase dunha baeta seca coa que fregar con movementos circulares as lentes xa limpas ata percorrer toda a superficie. As Toalliñas Antibafo Bosque Verde de Mercadona pódense usar tantas veces como faga falta e deben gardarse no interior do mesmo envase no que se adquire, pechándoo coa etiqueta de peche, ou ben poñer no interior da funda das lentes.

A empresa Ubesol é o Provedor Totaler das Toalliñas Antibafo de Mercadona para todo tipo de lentes que se fabrica no seu centro da localidade valenciana de Atzeneta d'Albaida (Valencia).

Toalliñas Antibafo de Bosque verde, no lineal de MercadonaToalliñas Antibafo de Bosque verde, no lineal de Mercadona.

As novas Toalliñas Antibafo de Bosque verdeAs novas Toalliñas Antibafo de Bosque verde.