- Esta crema facial antiidade está elaborada coa alga Caulerpa lentillifera, que axuda a rexenerar a pel e a estimular a síntese de coláxeno. A súa textura cremosa e de rápida absorción achega unha sensación de confort e hidratación duradeira.
- A nova crema véndese en formato refill que axusta co seu tarro de vidro, que se vende por separado, para reducir o desperdicio de envases e abaratar a compra do “Xefe” (cliente).
- O Provedor Totaler RNB fabrica este cosmético nas instalacións da compañía en La Pobla de Vallbona (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrécelles aos “Xefes” (clientes) a súa nova crema Green Caviar de Deliplus, elaborada coa alga Caulerpa lentillifera, que rexenera a pel e estimula a síntese de coláxeno, grazas ás súas propiedades antiidade, reafirmantes, antioxidantes, antiinflamatorias e higroscópicas, que proporcionan flexibilidade e vitalidade. A nova crema Green Caviar de Mercadona, de textura cremosa e unha rápida absorción, achega unha sensación de confort e hidratación duradeira.
Mercadona, comprometida cos principios da Economía Circular, aposta polos recambios nos seus produtos de Perfumería para reducir plástico e os seus residuos e Green Caviar de Deliplus segue esta liña. A nova crema véndese en recambios que axustan co seu tarro de vidro, que se vende por separado, para reducir o desperdicio de envases.
Esta novidade enmárcase na Estratexia 6.25 que leva a cabo a compañía dende 2019, para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico nos seus envases, que todos sexan reciclables, e xestionar todos os residuos deste material. Así mesmo, a compañía consegue abaratar a compra do “Xefe” (cliente).
A crema Green Caviar de Deliplus está dispoñible nas máis de 1.600 tendas que Mercadona ten en España e Portugal e é elaborada polo Provedor Totaler RNB, que fabrica este produto nas instalacións da compañía en La Pobla de Vallbona (Valencia).
A nova crema Green Caviar de Deliplus, co seu tarro baleiro e o seu recambio.