As novas máquinas de cinco follas Precision System5 de Deliplus, no lineal de Mercadona

Mercadona lanza a súa máquina de afeitar de cinco follas Precision System5

25 de xaneiro de 2021
  • O seu deseño permite o máximo apurado e unha folla de precisión traseira facilita o afeitado de zonas difíciles como debaixo do nariz ou as patillas.
  • A banda lubricante achega vitamina E e Áloe para un afeitado máis cómodo.
  • A única do mercado sen plástico no envase.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, lanzou a súa nova máquina de afeitar de cinco follas Precision System5 de Deliplus. A súa boa acollida demóstrase coa venda de 3.000 unidades ao día en toda a cadea, contando a máquina, os recambios de catro unidades e o lote de ambos.

As súas cinco coitelas e o seu cabezal basculante permiten o máximo apurado e unha folla de precisión traseira facilita o afeitado das zonas difíciles, como debaixo do nariz ou as patillas. Ademais, a súa banda lubricante achega vitamina E e Áloe para un afeitado máis cómodo.

Precision System5 de Mercadona é o resultado dun proceso de coinnovación no que se fixeron probas cos clientes ata conseguir unha valoración óptima por todos. Ademais, é a única do mercado que se fabrica sen plástico no envase.

As novas máquinas de cinco follas Precision System5 de Deliplus, no lineal de MercadonaAs novas máquinas de cinco follas Precision System5 de Deliplus, no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate