AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Novos uniformes Mercadona

Mercadona inviste 29 millóns de euros na renovación dos uniformes de todos os traballadores das tendas

04 de marzo de 2019
  • Substitúen os actuais uniformes por outros máis modernos e ergonómicos, acordes á nova imaxe do Novo Modelo de Tenda Eficiente.
  • Entre marzo e xullo actualizarase o novo vestiario.
  • As novas pezas confeccionáronse con tecidos máis resistentes e deseños que favorecen unha maior mobilidade, mellorando o posto de traballo de todo o cadro de persoal.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e en liña, iniciou hoxe a substitución dos seus actuais uniformes das tenda por un novo deseño máis ergonómico e moderno. A renovación do vestiario, que xa é efectiva para as traballadoras e os traballadores dos máis de 400 supermercados que a compañía ten actualmente adaptados ao seu Novo Modelo de Tenda Eficiente por toda España, realizarase progresivamente no resto das tendas ata quedar implantada en todos os supermercados da cadea o próximo 22 de xullo.

Vídeo en español

Este proxecto supuxo un investimento de 29 millóns de euros. O obxectivo principal desta renovación é mellorar o posto de traballo do persoal das tendas con uniformes máis cómodos. Nese sentido, apostouse por tecidos elásticos e mellorouse o deseño das camisas, cambios que buscan favorecer a mobilidade. Así mesmo, melloráronse as calidades en todas as pezas, garantindo a transpirabilidade, mobilidade, resistencia de tecidos e cores. Xunto a estas melloras ergonómicas, o novo uniforme tamén actualizou o seu deseño, máis moderno e acorde ao estilo do Novo Modelo de Tenda Eficiente, que a compañía está implantando de maneira progresiva nas máis de 1.600 tendas que ten repartidas por toda España.

Recoñecemento á política de RRHH

Esta iniciativa, que forma parte das medidas que a compañía leva a cabo para satisfacer o traballador, reforza a política de Recursos Humanos da compañía, que aposta pola creación de emprego estable e de calidade e impulsa medidas que favorecen o desenvolvemento tanto persoal como profesional de cantos forman parte do seu cadro de persoal. Grazas a iso, Mercadona foi destacada un ano máis no Estudo Merco Talento 2018 ao repetir no primeiro lugar da clasificación do seu sector, e ocupar a sexta posición na clasificación xeral. Ademais, Harvard Business Review destaca a xestión interna do talento, e a Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente das Nacións Unidas, valora o esforzo en formación, conciliación e repartición dos beneficios que realiza a compañía. Así mesmo, a compañía asinou a finais de 2018 cos sindicatos maioritarios o novo Convenio Colectivo de Empresa e o Plan de Igualdade 2019-2013. O novo plan, máis social e igualitario, reforza o compromiso de Mercadona co emprego estable e de calidade, avanza nas súas condicións laborais, ao tempo que consolida a súa aposta por mellorar o poder adquisitivo do cadro de persoal cun soldo mínimo de 1.328 euros ao mes/brutos, aos que se suman os complementos propios da Política Retributiva, e un incremento progresivo do salario base vinculado ao IPC.

Novo uniforme de MercadonaNovo uniforme de Mercadona

Novo uniforme de MercadonaNovo uniforme de Mercadona

Novo uniforme do persoal de mantemento de MercadonaNovo uniforme do persoal de mantemento de Mercadona

Novo uniforme para a sección de Perfumería de MercadonaNovo uniforme para a sección de Perfumería de Mercadona