- Para o desenvolvemento desta mellora contouse coa colaboración de Sothis como provedor principal, e con outros como SAP, Stratesys e Capgemini; na súa totalidade, máis de 100 profesionais implicados de Mercadona e provedores informáticos.
- O cambio permite optimizar os procesos financeiros da compañía ao homoxeneizar aplicacións e un gran volume de información para facela máis accesible dende a nube.
- Esta medida afecta a máis de 200 traballadores de Mercadona, que recibiron máis de 5.000 horas de formación.
- A compañía avanza na súa transformación dixital e informatiza os seus procesos financeiros coa migración ao sistema SAP S/4HANA e SAP Fiori.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, avanza na súa transformación dixital e inviste máis de 18 millóns de euros en dixitalizar os seus procesos financeiros. A compañía migra estes procesos ao sistema SAP S/4HANA e SAP Fiori, co obxectivo de optimizalos ao homoxeneizar aplicacións e un gran volume de información para facela máis accesible dende a nube.
Esta mellora, que lles afecta a máis de 200 traballadores da compañía, que recibiron máis de 5.000 horas de formación e que xa poden acceder á información de forma áxil e eficaz, iniciouse a finais de 2019 en colaboración con Sothis como provedor principal.
Diego Solá, director de aplicacións financeiras de Mercadona, explica que se optimizou todo o ciclo financeiro da empresa, “como as vendas na tenda, os pagamentos a provedores ou a xestión da tesourería, o que supón contar cun ámbito unificado que permite maiores capacidades para compartir a información, unha mellora de calidade do dato en tempo real, e a escalabilidade dos sistemas da compañía”.
Mª Jesús Iserte, directora de procesos financeiros de Mercadona, destaca que esta aplicación lles axudará a mellorar “a xestión financeira da compañía e con iso a reforzar a calidade no servizo aos nosos “xefes” (que é como internamente a compañía chama aos seus clientes), partindo dun maior control e optimización dos procesos financeiros”.
Raúl Martínez, CEO de Sothis, destaca que “foi moi importante para a nosa compañía ir da man dun líder da economía dixital e da optimización dos procesos financeiros como SAP. E moi especialmente, facelo nun proxecto clave para Mercadona, que grazas ao traballo conxunto realizado logrou mellorar a xestión da súa información financeira e procesos aproveitando o potencial da nube; foi moi importante para a nosa compañía”. Dende Mercadona, tamén se quere destacar o gran labor realizado por outros provedores, como Stratesys ou Capgemini, xa que para levar a cabo esta dixitalización implicáronse máis de 100 profesionais de Mercadona e provedores informáticos.
Captación de talento para a brutal transformación dixital
A dixitalización da compañía é un dos grandes retos nos que a compañía se encontra inmersa. De feito, en 2019 a compañía finalizou a primeira fase para dixitalizar os supermercados e facelos máis eficientes, produtivos e sostibles. E para levar a cabo este necesario proxecto de transformación dixital, Mercadona continúa co seu proceso de captación de talento, interno e externo, que permitiu incorporar entre 2019 e 2020 máis de 300 persoas ao departamento de informática, e que continúa aberto con máis de 100 vacantes de diferentes postos no ámbito das tecnoloxías da información.
Responsables do equipo informático e financeiro de Mercadona.