Emprego informática en Mercadona

Mercadona inicia un proceso de captación de talento para incorporar máis de 200 persoas ao seu departamento de Informática

17 de abril de 2019
  • Co obxectivo de impulsar o seu proxecto de Transformación Dixital, a compañía ten previsto investir 150 M€ ao ano na mellora de ferramentas e procesos informáticos.
  • Apostará tanto por perfís con experiencia como acabados de  titular, ben sexan de Graos Universitarios ou de Ciclos Formativos de FP Grao Superior.
  • Sumaranse á 500 persoas que actualmente forman o departamento de Informática e contarán cun emprego estable e de calidade dende o primeiro día, plan específico de formación e posibilidade de promoción interna a medio prazo.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, iniciou un proceso de captación de talento para incorporar máis de 200 persoas ao seu departamento de Informática situado en Paterna (València). Por un lado, a compañía abriu un proceso, en colaboración coa Consellería de Educación da Generalitat Valenciana, para seleccionar persoal procedente de Ciclos Formativos de FP Grao Superior, concretamente en ASIR, Administración de Sistemas Informáticos e Redes; DAW, Desenvolvemento de Aplicacións Web; e DAM, Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma. Paralelamente, a compañía completa esta busca de máis de 200 persoas coa necesidade de incorporar perfís sénior con ampla experiencia e acabados de titular de Graos Universitarios.

Proceso de selección de talento para o Departamento de Informática de MercadonaMercadona conta actualmente cun departamento de Informática composto por 500 persoas, profesionais multidisciplinarios especializados en Enxeñería Software, tanto FrontEnd como BackEnd, Cloud, Site Reliability, Xefes de Proxecto, Arquitectura Empresarial, Administradores de Sistemas, Operacións, Analítica, IoT e Seguridade Informática. Coa apertura deste novo proceso de captación de talento, a compañía persegue impulsar o seu proxecto de Transformación Dixital, que cun investimento anual de 150 millóns de euros, pretende mellorar as ferramentas e os procesos informáticos, e abordar importantes iniciativas en colaboración con provedores especialistas das distintas solucións informáticas. O obxectivo é axilizar ao máximo a toma de decisións, incrementando a eficiencia e a axilidade dos procesos a través de datos únicos e veraces.

Para iso, os seleccionados non só terán a oportunidade de abordar este novo reto, senón que ademais poderán crecer profesionalmente dentro do proxecto Mercadona, un proxecto que aposta polas persoas e que conta cunha política de Recursos Humanos centrada no seu desenvolvemento. De feito, os novos traballadores terán, como os 85.800 que actualmente conforman o cadro de persoal da compañía, contratos fixos dende o primeiro día; importantes plans específicos de formación; e a opción, a medio prazo, de optar a postos de maior responsabilidade dentro da política de promoción interna que caracteriza a Mercadona e da que en 2018 xa se beneficiaron 860 traballadores.

Persoal de Informática de Mercadona no departamentoPersoal do departamento de Informática de Mercadona.

Recoñecemento á política de RRHH

A política de Recursos Humanos foi destacada un ano máis no Estudo Merco Talento 2018 ao repetir no primeiro lugar da clasificación do seu sector e ocupar a sexta posición na clasificación xeral. Ademais, Harvard Business Review destaca a xestión interna do talento, e a Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente das Nacións Unidas, valora o esforzo en formación, conciliación e repartición de beneficios que realiza a compañía. Así mesmo, a compañía asinou a finais de 2018 cos sindicatos maioritarios o novo Convenio Colectivo de Empresa e o Plan de Igualdade 2019-2023. O novo plan, máis social e igualitario, reforza o compromiso de Mercadona co emprego estable e de calidade, avanza nas súas condicións laborais, ao tempo que consolida a súa aposta por mellorar o poder adquisitivo do cadro de persoal e reforza as iniciativas de conciliación da vida laboral e familiar.

As ofertas de emprego pódense consultar no portal de emprego.