- Este aceite de licopina é un potente antioxidante natural que, ademais de axudar a suavizar as manchas producidas polo sol ou pola idade, coida as peles máis sensibles e combate o envellecemento.
- O Provedor Totaler Lycolé (Cosmética Natural de Licopeno S.L.) fabrica este novo produto en Badajoz.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, incorpora nos seus lineais un novo e innovador aceite facial de licopina elaborado con tomates de Extremadura. Deste novo produto, dispoñible en toda a cadea dende principios de agosto, a compañía vende 5.000 unidades ao día.
A licopina caracterízase por ser un potente antioxidante que, ademais de axudar a suavizar as manchas producidas polo sol ou pola idade, coida as peles máis sensibles e combate o envellecemento. Actualmente, é un dos antioxidantes naturais máis potentes, e, alcumado como “Ouro Vermello”, prescríbese para todo tipo de peles polo seu efecto rexenerador e calmante.
Esta referencia está fabricada baixo a marca Deliplus polo Provedor Totaler Lycolé (Cosmética Natural de Licopeno S.L.) nas súas instalacións de Badajoz. Para a súa elaboración, necesítanse 20.000 quilos de tomates para 1 quilo de licopina, que se extrae das pebidas e da pel deste froito. Para a fabricación deste cosmético, apóstase por unha formulación sostible onde conviven materias primas 100% naturais de máxima calidade, xa que a licopina é obtida nun espazo completamente natural, libre de contaminación.
Comprometidos cos produtos de orixe nacional
En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Desta maneira, séguese formalizando o compromiso da empresa de cara a seguir apostando polo desenvolvemento do sector primario e da industria, con relacións baseadas en prácticas comerciais xustas en toda a cadea; e innovando conxuntamente para contribuír á economía produtiva.
Aceite facial con licopina Anti Ox no lineal de Mercadona.