- A implantación deste produto, fabricado polo Provedor Totaler Chic-kles Gum S.L.U., completarase a mediados do mes de xullo.
- Tras o éxito de vendas obtido en 100 tendas de Castelló, Teruel, Tarragona e Lleida.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, incorpora na súa oferta gomas de mascar edulcoradas con 100% xilitol, despois do éxito de vendas obtido en 100 tendas situadas nas provincias de Castelló, Teruel, Tarragona e Lleida, onde a compañía puxo á venda este produto inicialmente. A cadea de supermercados, que vendeu 30.000 unidades destas gomas de mascar dende que se iniciara a súa implantación, prevé ter dispoñible esta novidade nos seus máis de 1.600 supermercados a mediados do mes de xullo.
Na formulación das gomas de mascar edulcoradas con 100% xilitol de Mercadona destaca a utilización do xilitol como único edulcorante, un ingrediente de orixe vexetal que se obtén do millo ou do bidueiro. Ademais, carece doutros adozantes na súa composición, polo que esta goma de mascar é apta para intolerantes á frutosa e para persoas que non poden procesar correctamente un aminoácido chamado fenilalanina.
Esta innovación incorpórase á selección de gomas de mascar que, baixo a marca Hacendado, están fabricados polo Provedor Totaler Chic-kles Gum S.L.U. nas súas instalacións situadas en Riba-Roja de Túria en Valencia.
Gomas de mascar Edulcoradas con 100% Xilitol no lineal de Mercadona.