AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Emprego no Departamento Informática de Mercadona

Mercadona incorpora 200 informáticos e prevé contratar 200 máis nos próximos meses

04 de septembro de 2019
  • En só catro meses, a compañía recibiu máis de 10.000 solicitudes para formar parte do Departamento de Informática, responsable de acelerar o seu ambicioso Proxecto de Transformación Dixital.
  • O proceso continuará aberto ata o mes de marzo de 2020 co fin de sumar 200 persoas máis.
  • No marco do seu proceso de Transformación Dixital, e dentro do compromiso de investir 150 M€ ao ano na mellora de ferramentas e procesos informáticos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e venda en liña, incorporou 200 persoas ao seu Departamento de Informática en só catro meses, tras iniciar, no pasado mes de abril, un proceso de captación do talento para reforzar este departamento. Durante este período, a compañía recibiu máis de 10.000 solicitudes compatibles cos distintos perfís requiridos. Esta estratexia de selección e incorporación de talento, levada a cabo polo Departamento de Recursos Humanos, enmárcase no ambicioso Plan de Transformación Dixital deseñado pola compañía, ao que ten previsto destinar 150 millóns de euros anuais para mellorar as ferramentas, os procesos e as solucións informáticas.

Este procedemento de creación de emprego estará aberto polo menos ata o mes de marzo de 2020 co obxectivo de cubrir 200 novos postos vacantes e seguir impulsando o proxecto de Transformación Dixital da compañía mediante distintas solucións informáticas que faciliten a toma de decisións e incrementen a eficiencia e axilidade dos procesos con datos únicos e veraces.

Dentro destas últimas incorporacións, hai que destacar o proceso levado a cabo xunto coa empresa tecnolóxica Sothis, participada pola sociedade de investimento Angels para que, de forma planificada, se integrasen en Mercadona 40 persoas do seu equipo que xa realizaban distintos procesos na compañía. Con estas incorporacións, Mercadona conta actualmente cun Departamento de Informática composto por 700 profesionais multidisciplinares especializados en Enxeñería Software, tanto FrontEnd como BackEnd, Cloud, Site Reliability, Xefes de Proxecto, Arquitectura Empresarial, Administradores de Sistemas, Operacións, Analítica, IoT e Seguridade Informática.

Tanto as persoas xa integradas no equipo como os futuros seleccionados non só contan coa oportunidade de abordar este novo reto, senón que, ademais, teñen a posibilidade de crecer profesionalmente no marco do proxecto Mercadona, un plan que aposta polas persoas e que conta cunha política de Recursos Humanos centrada e dirixida ao seu desenvolvemento.

De feito, as novas traballadoras e os novos traballadores terán, como as 87.000 persoas que actualmente conforman o cadro de persoal da compañía, contratos fixos dende o primeiro día, importantes plans específicos de formación e a opción, a medio prazo, de optar a postos de maior responsabilidade dentro da política de promoción interna que caracteriza a Mercadona e da que se beneficiaron 860 persoas en 2018.

Segundo Aquilino López, Director da División de Compras de Informática, "dende Mercadona queremos agradecer o interese e o esforzo por unirse a esta compañía das máis de 10.000 persoas que se inscribiron ao proceso de selección, un proceso que continúa aberto co obxectivo de seguir sumando talento e calidade para continuar avanzando na nosa aposta decidida pola Transformación Dixital. Con esta aposta tecnolóxica pretendemos dar resposta ás necesidades que nos demandan os nosos 'Xefes' e evolucionar Mercadona cara á eficiencia e á axilidade por medio da  análise de datos únicos e veraces que nos permitan tomar a mellor decisión".

As ofertas de emprego pódense consultar no portal de emprego.

Aberto proceso de selección para o Departamento de Informática de Mercadona Alicia Sena, unha das novas incorporacións no Departamento de Informática, durante a súa formación nos procesos loxísticos da compañíaAlicia Sena, unha das novas incorporacións no Departamento de Informática, durante a súa formación nos procesos loxísticos da compañía.

Ángel Mármol, en primeiro plano, unha das novas incorporacións no Departamento de Informática, durante a súa formación nos procesos de tenda da compañíaÁngel Mármol, en primeiro plano, unha das novas incorporacións no Departamento de Informática, durante a súa formación nos procesos de tenda da compañía