AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Logo de Mercadona no exterior dun supermercado

Mercadona inaugura a súa primeira tenda en La Palma

08 de novembro de 2018
  • A nova tenda, situada no municipio de Breña Alta,  supón a creación de 64 novos postos de traballo estables e de calidade.
  • O novo supermercado supuxo un investimento de 4 millóns de euros e na súa construción participaron 70 provedores, que lles deron emprego a máis de 250 persoas durante a fase de obra.
  • Esta nova tenda, que responde ao Novo Modelo de Tenda Eficiente que Mercadona está implantando na súa rede de centros, presenta novidades en todas as seccións e melloras tanto a nivel medioambiental, como tecnolóxico e de servizo, co obxectivo de optimizar a experiencia total de compra dos seus clientes.

Mercadona abriu hoxe o seu primeiro supermercado na illa de La Palma, no municipio de Breña Alta. A nova tenda situada no Pol. Industrial La Grama, supuxo un investimento de 4 millóns de euros e a creación de 64 postos de traballo de emprego estable e de calidade e responde ao Novo Modelo de Tenda Eficiente que Mercadona está implantando na súa rede de centros. Este Novo Modelo reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra dos seus clientes, presenta melloras das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os provedores e a sociedade.

O novo supermercado de Breña Alta ten unha superficie de vendas de 1.798 m2 e na súa construción participaron 70 provedores que lles deron emprego a 250 persoas durante a fase de obra.

Dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e novos materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Así mesmo aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Conta ademais con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón de lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, un novo punto de acabado para a carne, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer e unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, unha nova sección de forno con rebandadora de pan ou pastelería refrixerada, entre outras novidades

Tamén dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos, un novo modelo de carro da compra e un novo modelo de carro tipo cesta moito máis ergonómicos e lixeiros.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e os traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa Mercadona  desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais esta Nova Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de apertura deste supermercado é de luns a sábado, de 9:00 a 21:30 horas, e dispón dun aparcadoiro de 197 prazas para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se despracen en vehículo privado, 5 delas contan con punto de recarga para vehículos eléctricos. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través da páxina web www.mercadona.es.

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto,  unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

No momento do peche de 2017, Mercadona investira máis de 480 millóns de euros tanto para a reforma como para a apertura de novos supermercados con este novo Modelo de Tenda.

Mercadona en Canarias

Con esta nova tenda a compañía conta con 86 supermercados en Canarias e cerrou 2017 cun cadro de persoal de 4.331 persoas, con emprego estable e de calidade. As compras aos provedores canarios creceron ata os 496 millóns de euros en 2017.

O investimento conxunto de Mercadona e os seus Interprovedores en Canarias en 2017 foi de 32,7 millóns de euros.