Entrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de Jaén

Mercadona entrega máis de 6.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Jaén

12 de novembro de 2021
  • A compañía afianza a súa colaboración co Banco de Alimentos de Jaén entregando produtos de primeira necesidade como conservas de atún, aceite, leite e fariña.
  • Mercadona participará con todos os seus centros da provincia de Jaén na Gran Recollida 2021, que terá lugar do 19 ao 27 de novembro. 

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, continúa reforzando o seu proceso de doazóns, e fixo entrega de 6.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Jaén. En concreto, doou produtos como conservas de atún, aceite, leite e fariña.

Noelia Conrado, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Jaén, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da provincia de Jaén aos que, no que vai de ano, doou 186 toneladas de produtos de primeira necesidade, equivalentes a 3.107 carros da compra”.

Por outro lado, Francisco Luque, presidente do Banco de Alimentos de Jaén, agradece “novamente a colaboración que recibimos por parte de Mercadona, a cal nos permite seguir distribuíndo produtos de primeira necesidade ás entidades benéficas coas que colaboramos, así como aos colectivos máis desfavorecidos e necesitados”.

Luque tamén recordou que Mercadona participará, con todos os seus centros na provincia xienense, na Gran Recollida de Alimentos, que este ano se celebrará do 19 ao 27 de novembro con doazóns económicas por parte dos clientes que así o desexen ao pasar pola liña de caixa.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Entrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de Jaén Francisco Luque e Enrique Rumín, presidente e xerente do Banco de Alimentos de Jaén, xunto a Noelia Conrado, directora de Relacións Externas de Mercadona en Jaén durante a entrega da doazón.