E. Alonso (presidente do Banc dels Aliments) con representantes de Mercadona durante a entrega realizada

Mercadona entrega 689.000 quilos de alimentos a entidades sociais das comarcas de Tarragona durante 2020

04 de febreiro de 2021
  • Colabora diariamente con 27 entidades sociais e organizacións benéficas, e participan os 34 supermercados que a cadea ten nas comarcas tarraconenses.
  • Hoxe doa 13.500 litros de leite enteiro Hacendado ao Banco de Alimentos.
  • En Cataluña entregou máis de 3 millóns de quilos de produtos de primeira necesidade a 156 entidades.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda  en liña, reforzou o seu compromiso solidario con Tarragona durante 2020, a consecuencia da situación excepcional ocasionada pola COVID-19, coa doazón de 689.000 quilos de alimentos, o que representa un 31 % máis respecto de 2019, ano en que entregou 475.080 quilos.

As doazóns realizáronse a 27 entidades sociais e organizacións benéficas das comarcas tarraconenses, como o Banco de Alimentos, Cáritas e a Cruz Vermella, entre outras.

En Cataluña, a compañía entregou máis de 3 millóns de quilos de produtos de primeira necesidade a 156 entidades sociais durante o ano pasado, o que representa dobrar a cifra respecto de 2019, ano en que entregou 1.478.000 quilos.

Ademais, hai que engadir que en 2020 Mercadona foi ampliando progresivamente o número de supermercados que fan doazóns de produtos non aptos para a venda, pero si para o seu consumo, e, dende o pasado mes de setembro, participan as 250 tendas que a cadea ten en Cataluña, 34 delas nas comarcas de Tarragona.

En canto aos produtos, a cadea entregou alimentos, tanto secos como frescos, como leite, legumes, pasta, carne e peixe fresco envasado, froita e verdura, iogures e sobremesas lácteas, pan de molde, cereais, e zumes e batidos refrixerados, entre outros; e tamén artigos de hixiene persoal, entre os que destacan xampús, xeles e desodorizantes.

Neste sentido, hoxe fai efectiva unha nova doazón de 13.500 litros de leite enteiro Hacendado ao Banco de Alimentos das Comarcas de Tarragona. Durante o acto de entrega, o presidente do Banco de Alimentos, Eusebio Alonso, puxo de manifesto que "recibimos de Mercadona unha nova doazón de 13.500 litros de leite de primeirísima calidade, que repartiremos dende hoxe mesmo entre as 32.000 persoas que atendemos neste momento". Alonso engadiu que "a cadea de supermercados leva anos mostrando a súa xenerosidade e colaborando coas persoas con máis dificultades, a través dos bancos de alimentos". Nesta liña, o presidente destacou que "son momentos de gran necesidade e toda axuda é necesaria".

Pola súa parte, a directora de Relacións Externas de Mercadona en Tarragona, Beatriz Feced, agradeceu "o labor que están levando a cabo as entidades sociais como o Banco de Alimentos das Comarcas de Tarragona" e sinalou que "as doazóns efectuadas, nuns momentos moi difíciles para moitas familias, obedecen á vontade de cumprir as nosas obrigas como parte integrante da sociedade e axudar a paliar, na medida do posible, o incremento das demandas que chegan ás entidades sociais."

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, Mercadona desenvolve o Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, Mercadona colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, aos que realiza doazóns diariamente, e participa nas campañas de recollida de alimentos que estas entidades organizan. De feito, en 2020 a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 17.000 toneladas de alimentos, das cales máis de 3.000 en Cataluña. Estas cantidades fóronse incrementado dende que a compañía tomou a decisión de reforzar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade ás entidades coas que colabora habitualmente.

Igualmente colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con diferentes graos de discapacidade.

E. Alonso (presidente do Banc dels Aliments) con representantes de Mercadona durante a entrega realizadaE. Alonso (presidente do Banc dels Aliments) con representantes de Mercadona durante a entrega realizada.

Logo EActiVate