Responsables da Cruz Vermella e Mercadona en Cataluña durante a doazón

Mercadona entrega 27.300 unidades de lentella cocida á Cruz Vermella en Cataluña

10 de marzo de 2021
  • Colabora diariamente con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de Barcelona, Tarragona, Girona e Lleida, e participan os 250 supermercados que a cadea ten en Cataluña.
  • No que vai de ano, a compañía entregou 996.000 quilos de produtos de primeira necesidade a entidades sociais catalás, que se suman ás máis de 3.000 toneladas doadas durante 2020.
  • Reforza o seu compromiso solidario e continúa incrementando as doazóns a consecuencia da situación derivada da Covid-19.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva hoxe a entrega de 27.300 unidades de lentella cocida (o que equivale a 15.500 quilos) á Cruz Vermella en Cataluña.

A nova doazón realizada hoxe á Cruz Vermella forma parte das que a compañía está levando a cabo a varias entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña a consecuencia da situación derivada da pandemia. En total, dende o 1 de xaneiro e ata o momento, entregou 996.000 quilos de alimentos, tanto secos como frescos, e artigos de hixiene persoal, que se suman ás máis de 3.000 toneladas doadas durante 2020, ano no que dobrou as doazóns.

Mercadona colabora diariamente con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de todo o territorio, como os catro bancos de alimentos de Barcelona, Tarragona, Girona e Lleida e as súas entidades colaboradoras, a Cruz Vermella en Cataluña e o banco de produtos non alimenticios La Nau, entre outras. Do total de entidades, 98 corresponden ás comarcas de Barcelona, 27 a Tarragona, 22 a Girona e 9 ás comarcas ilerdenses. Ademais, hai que engadir que foi ampliando progresivamente o número de supermercados que realizan doazóns de produtos non aptos para a venda, pero si para o seu consumo e, dende o pasado mes de setembro, participan todas as tendas que a cadea ten en Cataluña, 250 en total.

O 4 de xaneiro, Mercadona xa fixo efectiva unha primeira entrega de 21.600 litros de leite enteiro Hacendado á Cruz Vermella. Neste sentido, o presidente da Cruz Vermella en Cataluña, Josep Quitet, mostrou o seu agradecemento polo "apoio continuado que Mercadona está dando á organización humanitaria á hora de facer fronte aos efectos sociais da pandemia xerada pola COVID-19" e puxo de relevo que "o apoio humanitario que a Cruz Vermella prestou a máis de 400.000 persoas durante este ano pasado e ata hoxe non sería posible sen establecer alianzas con empresas como Mercadona".

Pola súa parte, o director de Relacións Externas de Mercadona en Cataluña, Bernat Morales, agradeceu "o labor que están levando a cabo as entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña" e sinalou que “no que vai de ano, xa doamos 996.000 quilos de alimentos, o que equivale a case un 33 % do total das doazóns realizadas durante 2020. Isto representa para a compañía a satisfacción de levar a cabo os nosos obxectivos de solidariedade e responsabilidade social para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas das persoas máis necesitadas".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, Mercadona desenvolve o Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. No marco desta política, Mercadona colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, aos que realiza doazóns diariamente, e participa nas campañas de recollida de alimentos que estas entidades organizan. De feito, en 2020 a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 17.000 toneladas de alimentos, das cales máis de 3.000 en Cataluña. Estas cantidades fóronse incrementado dende que a compañía tomou a decisión de reforzar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade ás entidades sociais e organizacións benéficas coas que colabora habitualmente.

Con respecto a Cataluña, traballa con 156 entidades sociais e organizacións benéficas de Barcelona, Tarragona, Lleida e Girona, ás que doa alimentos diariamente, e participan os 250 supermercados que a cadea ten no territorio.

Unha resposta integral e coordinada en Cataluña

Dende marzo do ano pasado, o Plan Cruz Vermella RESPONDE ante o coronavirus prestou apoio humanitario a 415.976 persoas en situación de vulnerabilidade en Cataluña e 1.039.940 foron beneficiarias indirectas desta axuda. En total, distribuíronse 3.646 toneladas de alimentos, 110.064 paquetes de axuda básica e 34.923 tarxetas de pagamento previo entre a poboación máis vulnerable a través de 74 centros de todo o territorio.

Durante a pandemia, incorporáronse á organización máis de 8.200 novos voluntarios e voluntarias, na súa maioría mozos, boa parte dos cales estiveron en primeira liña para atender directamente ás persoas más vulnerables.

Ao longo desta crise, conseguíronse máis de 400 colaboracións empresariais, ben sexan doazóns de produtos, achegas económicas ou colaboracións doutras tipoloxías, como a cesión de espazos, de vehículos ou de maquinaria industrial.

Mercadona entrega 27.300 unidades de lentella cocida á Cruz Vermella en CataluñaResponsables da Cruz Vermella e Mercadona en Cataluña durante a entrega.

Logo EActiVate