AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Novas toalliñas papel húmido WC Mercadona.

Mercadona e Ubesol apostan pola sustentabilidade medioambiental cunha nova gama de papel húmido

15 de maio de 2017
  • Mercadona e Ubesol renovan a gama de toalliñas WC cun innovador tecido biodegradable e disgregable.
  • Ubesol, fabricante interfornecedor de Mercadona, lanza o novo Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde, composto por fibras 100% de orixe natural e disgregable na auga con todas as garantías medioambientais.

En colaboración con Ubesol, fabricante interfornecedor de produtos de hixiene, Mercadona renova ao completo a súa liña de toalliñas húmidas WC. O novo Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde está composto por un tecido innovador con fibras 100% de orixe natural procedentes da celulosa e biodegradables, que poden desbotarse polo WC e que se disgregan e dispersan coa auga en movemento, igual que o papel hixiénico normal. 

Ademais, o envase incorpora dous sistemas que garanten a facilidade de uso e unha conservación óptima do produto: o sistema de extracción permite a dispensación hixiénica dunha soa toalliña por uso e o sistema de peche mantén as cualidades de humectación, impregnación e perfume, desde a abertura do produto até o último uso.

Para o desenvolvemento deste novo produto investíronse 700.000 euros en investigación eadecuación da maquinaria. O novo Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde conta co resultado favorable dos ensaios establecidos nas directrices de Flushabilidade da Asociación Internacional de Tejidos No Tejidos (EDANA) para este tipo de tecidos desbotables.

O novo Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde conta coas máximas garantías de calidade e seguridade, que avalan a súa idoneidade, e foi testado baixo control dermatolóxico, xinecolóxico e pediátrico en función do formato, adulto ou infantil. A gama de Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde está composta por 3 referencias: Adulto de 100 e 15 unidades e Infantil de 100 unidades. Tamén se presenta en envase aforro de 2 x 100 unidades que supón un maior aforro para o cliente.

Todos os formatos deste produto están xa dispoñibles en todos os supermercados de Mercadona.