Imagen de una bolsa de Muesli sin azúcares añadidos.

Mercadona e Grupo Siro desenvolven cos clientes cereais máis saudables

02 de novembro de 2016
  • A colaboración entre ambas as empresas dá no lanzamento de novos produtos sen azucres engadidos como o Muesli crocante, único no mercado.
  • Os novos cereais están dispoñibles en todos os supermercados da cadea.

En resposta ás solicitudes dos seus clientes, Mercadona decidiu introducir nas súas tendas cereais máis saudables, elaborados con materias primas de primeira calidade mais eliminando os azucres engadidos. Froito diso foi o lanzamento dun novo cereal novidoso no mercado, como é o Muesli crocante sen azucres engadidos, fabricado por Grupo Siro a partir de flocos e farelo de avea, arroz torrado e trigo.

Este novo cereal, para alén dos beneficios nutricionais do propio produto e de supor unha fonte de fibra para o organismo, contribúe a satisfacer as necesidades dos consumidores que demandan gozar duns almorzos máis saudables, sen por iso renunciar ao pracer do seu sabor. Estas novas referencias están dispoñibles en tendas de Mercadona de todo o territorio nacional.

A aposta de Mercadona e Grupo Siro polos cereais saudables tivo aínda outros expoñentes recentes como os Cereais con Farelo de Trigo ou os Flocos de Trigo Integral con Froitas, ambos con alto contido en fibra e con 7 vitaminas e ferro. Este novo cereal, ideal para gozar no almorzo, con leite, iogur ou queixo fresco, comercialízase en formato de 500 gramos.

De maneira a introducir melloras e innovacións que acheguen valor e solucións aos seus "Xefes" (clientes), Mercadona colabora estreitamente con eles e cos seus fornecedores. É mediante a Coinnovación conxunta que procura aprender como os clientes utilizan os produtos, escoitar os seus comentarios e innovar canda eles. Mercadona conta con 12 centros de coinnovación nos cales foron realizadas 5.500 sesións cos "Xefes" para innovar de xeito conxunto. Froito desas sesións foron incorporadas ao catálogo até máis de 100 novidades que contaron cunha grande aceptación.

Entre elas encóntrase o Muesli crocante sen azucres engadidos. Perante o éxito de consumo dos mueslis, axiña xurdiu a necesidade de mellorar nutricionalmente estes produtos reducindo o seu nivel de azucre. Realizáronse estudos cos "Xefes" (clientes) e decidimos desenvolver un produto que non tivese azucre engadido. Isto supuxo un reto, pois o azucre é moi importante no sabor, a cor e o carácter crocante do produto. O equipo de I+D+i de Grupo Siro que levou a cabo este proxecto traballou de xeito intenso durante 6 meses no centro de investigación da compañía alimentaria para seleccionar ingredientes, procurar novas receitas e fabricalo nos seus centros de produción.

"Este produto xorde da colaboración estreita entre Siro, Mercadona e os nosos Xefes (clientes), que nos solicitaron unha nova referencia de muesli crocante que, para alén de estar composto tan só por granola, sen froitos secos nin froitas deshidratadas, estivese elaborado sen azucres engadidos. O resultado é un produto con moito sabor e máis saudable que está a colleitar unha excelente acollida", sinala Alfonso Parreño, Coordinador da División Prescrición Almorzos e Merendas.

Sobre Grupo Siro

Grupo Siro é un grupo empresarial do sector da alimentación, con capital 100% español e cuxa meta é a excelencia baseada na eficiencia e a innovación, da óptica do compromiso social sustentable.

Grupo Siro mantén unha relación comercial estable con Mercadona desde 1998, o cal lle permitiu encarar investimentos por máis de 300 millóns de euros nos últimos anos, continuar a medrar e abordar proxectos para ofrecer aos consumidores produtos coa máxima calidade ao mellor prezo posible.

O Grupo está presente en España nos negocios de galletas, pasta alimenticia, pan de molde, bolos e cereais. En 2015 facturou 602 millóns de euros e conta con 20 centros de traballo, nos cales traballan máis de 4.000 persoas.