Responsable de Mercadona en Canarias durante a entrega de alimentos ao Comedor Social Asociación Virgen de la Esperanza

Mercadona doou 780 toneladas de produtos de primeira necesidade en Canarias durante 2020

15 de febreiro de 2021
  • A compañía reforzou o seu compromiso coas entidades benéficas e comedores sociais cos que colabora e incrementou ata nun 63 % as entregas respecto ao ano anterior debido á crise sanitaria e económica.
  • Incorporou este 2021 tres centros máis en Tenerife aos que entregará diariamente produtos de primeira necesidade: Asociación Virgen de la Esperanza, Café y Calor e o centro xestionado pola Cruz Vermella Asamblea Comarcal de La Laguna, Tegueste e El Rosario.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou 780 toneladas de alimentos e produtos de primeira necesidade en 2020 a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de Canarias. Esta cantidade, que equivale a 13.000 carros da compra, supón un 63 % máis que o entregado o ano anterior como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

A compañía continúa en 2021 con este labor e incorporou na súa rede de repartición tres centros máis de Tenerife no que levamos de ano. Así, Asociación Virgen de la Esperanza, Café y Calor (Cáritas) e a Asamblea Comarcal de La Laguna, Tegueste e El Rosario (Cruz Vermella) reciben alimentos como froitas e verduras, lácteos, carne, peixe, embutidos, pan ou pastas diariamente.

Estes centros súmanse á Asociación Padre Laraña, La Milagrosa e a Fundación Canaria José Luis Montesinos, cos que xa colaboraba a compañía de supermercados na illa.

As doazóns realízanse á primeira hora da mañá, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que achegan ata os comedores sociais e centros cos que colabora diariamente en Canarias os alimentos e entrégaos nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria. Ás veces son os propios centros os que veñen buscar a mercancía directamente ao supermercado.

Ademais de con 15 comedores sociais e centros aos que doa Mercadona diariamente en Canarias, a compañía de supermercados colabora tamén con entidades como Cáritas, a Cruz Vermella, o Banco Municipal de Alimentos de Pájara e os Bancos Municipais de Las Palmas e Tenerife. A estes dous últimos, Mercadona septuplicou a súa achega anual en 2020 debido á crise sanitaria e económica ata entregarlles un total de 350 toneladas de produtos de primeira necesidade.

Unha política de acción social integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Uno dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire na nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Doazón de Mercadona ao Comedor Social Asociación Virgen de la Esperanza en Granadilla de AbonaDoazón de Mercadona ao Comedor Social Asociación Virgen de la Esperanza en Granadilla de Abona.

Logo EActiVate