Fachada supermercado Mercadona

Mercadona doa máis de 460 toneladas de alimentos en 2020 a entidades sociais en Navarra

09 de febreiro de 2021
  • A compañía aumentou un 64 % as súas doazóns, respecto ao ano anterior, como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.
  • Mercadona colabora diariamente co Banco de Alimentos de Navarra, a Fundación Ilundáin-Haritz Berri, Las Hermanitas de los Pobres de Pamplona, os comedores solidarios Paris 365 de Pamplona e Villa Javier de Tudela, a Fundación Asilo Ancianos San Jerónimo de Estella-Lizarra e o Fogar San Francisco Javier de Tafalla.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou máis de 460 toneladas de produtos a entidades sociais en Navarra en 2020. Esta cantidade significa un aumento do 64 % das achegas de alimentos e outros produtos a entidades sociais respecto ao ano anterior, como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

Estas doazóns realízanse a través da colaboración diaria co Banco de Alimentos de Navarra, a Fundación Ilundáin-Haritz Berri, Las Hermanitas de los Pobres de Pamplona, os comedores solidarios Paris 365 de Pamplona e Villa Javier de Tudela e o Fogar San Francisco Javier de Tafalla.

Ademais, en 2020 Mercadona iniciou unha colaboración diaria coa Fundación Asilo Ancianos San Jerónimo de Estella-Lizarra, ampliando o número de entidades navarras coas que colabora e cubrindo todas as zonas da Comunidade nas que está presente.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

O responsable de Mercadona en Navarra cun voluntario do Banco de AlimentosVoluntarios do Banco de Alimentos de Navarra e Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en Navarra.

Logo EActiVate