O responsable do Banco de Alimentos e de Mercadona en Alacant durante a entrega de 11.200 unidades de xabón das mans

Mercadona doa máis de 11.200 unidades de xabón das mans ao Banco de Alimentos de Alacant

29 de marzo de 2021
  • A compañía doou máis de 427 toneladas de produtos en 2020 a entidades sociais alacantinas, o equivalente a 7.100 carros da compra.
  • Mercadona apoia e colabora con 6 comedores sociais e outras entidades benéficas da provincia.
  • No que vai de ano a compañía doou 61 toneladas de produtos a distintas entidades da provincia, o equivalente a máis de 1.000 carros da compra.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou máis de 11.200 unidades de produtos de hixiene e aseo persoal, neste caso, xabón líquido das mans, ao Banco de Alimentos de Alacant. No que levamos de ano a compañía doou máis de 61 toneladas de produtos de primeira necesidade o que equivale a máis de 1.000 carros da compra.

En 2020 a compañía doou 427 toneladas de produtos a comedores sociais de Alacant, en concreto ao da Asociación Social La Prosperidad de San Gabriel, o de La Sal de la Tierra no barrio de El Pla e a Alicante Gastronómica Solidaria, así como aos comedores sociais Al-Taufik de Elx, Extiende Tu Mano de Dénia e Alimentos Solidarios de Torrevieja. Dentro destas colaboracións tamén están as realizadas con distintas entidades benéficas como o propio Banco de Alimentos de Alacant, Cáritas e a Cruz Vermella, entre outras. Esta cantidade significa un aumento de máis dun 216 % das entregas de alimentos e outros produtos de primeira necesidade a entidades sociais respecto ao ano anterior, como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

Estas doazóns son o equivalente a 7.100 carros da compra e realízanse a través da colaboración cos comedores sociais e entidades benéficas da provincia de Alacant mencionados anteriormente.

Tamén os “Xefes” (clientes) colaboraron coa doazón de 143 toneladas de alimentos, que equivale a máis de 2.300 carros da compra, nas distintas operacións quilo que se realizaron ao longo do ano, así como na Gran Recollida que organizou o Banco de Alimentos de Alacant na provincia.

Juan Vicente Peral, director do Banco de Alimentos de Alacant, comentou que: “Mercadona empezou a colaborar con nós hai anos e temos que destacar o seu gran compromiso social con esta entidade”. Luis Consuegra, director Provincial de Relacións Externas destaca: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando coas entidades e comedores sociais da provincia”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela, e é que así é como a compañía concibe o éxito, trátase de ser sostibles e responsables con todos os grupos de interese, demostrando con feitos os valores e o compromiso coa sociedade que a caracteriza.  Así se desenvolve o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual, como o Centro Ocupacional La Xara en Dénia (Alacant).

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos responsable, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Nos últimos sete meses, Mercadona está adaptando as súas tendas de España e Portugal ao modelo de Tenda 6.25, que se irá estendendo a toda a cadea durante este ano. En Alacant hoxe xa hai 23 supermercados transformados en Tendas 6.25. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Mercadona entrega 11.200 unidades de xabón ao Banco de Alimentos de AlacantO Director do Banco de Alimentos de Alacant e o Director Provincial de Relacións Externas de Mercadona durante a entrega de 11.200 unidades de xabón das mans.

Logo EActiVate