Santiago Miralles, do Banco de Alimentos de Castelló, e Mª José Sisamón, de Mercadona

Mercadona doa 40.000 quilos de produtos ao Banco de Alimentos de Castelló grazas á solidariedade dos seus “xefes” (clientes)

14 de decembro de 2020
  • A compañía destinou o importe doado polos seus “xefes” durante a Gran Recollida de Alimentos, para adquirir produtos elixidos pola entidade social, como aceite, leite, pasta, atún, arroz e legumes.
  • A compañía doou ata o momento, ás distintas entidades e organizacións sociais de Castelló, 128.000 quilos de produtos de primeira necesidade, case cinco veces máis que en 2019.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doa aproximadamente 40.000 quilos de produtos ao Banco de Alimentos de Castelló, grazas á solidariedade dos seus “xefes” (clientes), que participaron na Gran Recollida de Alimentos, celebrada o pasado mes de novembro en todas as tendas que a compañía ten na provincia de Castelló. 

Mercadona, co importe doado polos seus “xefes” (clientes) durante esta gran iniciativa solidaria, adquiriu produtos demandados pola entidade social, como aceite, leite, pasta, atún, arroz e legumes.

Mª José Sisamón, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Castelló e Valencia norte, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, colaborou un ano máis na Gran Recollida de Alimentos, adaptándose á nova situación excepcional que se está vivindo. Así mesmo, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Castelló aos que, no que vai de ano, doou 128.000 quilos de produtos de primeira necesidade, case cinco veces máis que en 2019”.

Por outro lado, Santiago Miralles, Presidente do Banco de Alimentos de Castelló, agradece o compromiso da compañía por manter e reforzar a colaboración na Gran Recollida de Alimentos deste ano, ao poñer a disposición “toda a súa rede de tendas da provincia de Castelló e adquirir, coas doazóns dos clientes, produtos de primeira necesidade tan demandados entre os colectivos máis desfavorecidos”.

Unha política de acción social integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, como parte do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte deste plan, Mercadona colabora con máis de 284 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 15.008 toneladas de alimentos, 14.082 en España e 926 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomase a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental  propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25% de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Santiago Miralles, do Banco de Alimentos de Castelló, e Mª José Sisamón, de Mercadona, durante a entregaSantiago Miralles, do Banco de Alimentos de Castelló, e Mª José Sisamón, de Mercadona, durante a entrega.

Logo EActiVate