Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Traballador de Mercadona nunha tenda

Mercadona contrata a 9.000 persoas para a campaña de verán de 2019

16 de maio de 2019
  • A compañía amplía o seu cadro de persoal de maio a setembro para responder á chegada de turistas e manter a excelencia no servizo.
  • O salario destes novos empregados, tanto na tenda como en loxística, é de 1.328 euros ao mes/brutos e reciben formación adaptada ao seu posto.

Mercadona, empresa de supermercados físicos e de venda en liña, contrata a 9.000 persoas durante a campaña de verán de 2019, que se inicia este mes de maio e dura ata finais de setembro. O obxectivo é reforzar durante este período o seu cadro de persoal para garantir a excelencia do servizo nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten repartidas por toda España, época que coincide coa chegada de turistas e coas vacacións do resto do persoal.

Estas novas prazas encóntranse repartidas en diferentes puntos da xeografía española, como por exemplo en zonas de costa como Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Cataluña, Illes Balears e Canarias, ou ben, en zonas de interior como Castilla y León, Euskadi e Madrid; entre outras.

O Director de Contratación de Recursos Humanos, José Elías Portalés, destacou: “Todos estes novos traballadores reciben un salario bruto de 1.328 euros/mes e non se require experiencia previa posto que todos reciben formación específica adaptada aos seus postos. Desta maneira asegurámonos estar satisfacendo os nosos clientes do mesmo xeito que o facemos o resto do ano”.

Antonia, traballadora do bloque loxístico de Guadix, GranadaTraballadora nun bloque loxístico de Mercadona.

Recoñecemento á política de RRHH de Mercadona

A política de Recursos Humanos foi destacada un ano máis no Estudo Merco Talento 2018 ao repetir no primeiro lugar da clasificación do seu sector e ocupar a sexta posición na clasificación xeral. Ademais, Harvard Business Review destaca a xestión interna do talento, e a Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente das Nacións Unidas, valora o esforzo en formación, conciliación e repartición de beneficios que realiza a compañía. Así mesmo, Mercadona asinou a finais de 2018 cos sindicatos maioritarios o novo Convenio Colectivo de Empresa e o Plan de Igualdade 2019-2023. O novo plan, máis social e igualitario, reforza o compromiso da compañía co emprego estable e de calidade, avanza nas súas condicións laborais, ao tempo que consolida a súa aposta por mellorar o poder adquisitivo do cadro de persoal e reforza as iniciativas de conciliación da vida laboral e familiar.

Imaxe de cabeceira: Traballador nunha tenda de Mercadona