Bloque loxístico de Mercadona en Abrera, Barcelona

Mercadona construirá un novo bloque loxístico intelixente en Plaza (Zaragoza)

16 de marzo de 2018
  • Para iso a compañía de supermercados adquiriu unha parcela de 17.000 m2 que, xunto coa adquirida no 2006, suma unha superficie de 67.000 m2.
  • Ten previsto investir 6,5 millóns de euros nun almacén intelixente que eliminará sobreesforzos e ampliará a súa capacidade loxística.
  • Máis de 50 fornecedores de obra e 300 persoas participarán na construción do complexo loxístico, que iniciará a súa actividade a partir do 2020.
  • Espérase que as obras do bloque loxístico, situado na Plataforma Loxística de Plaza en Zaragoza, se inicien no segundo cuadrimestre do 2018.

Mercadona construirá un novo bloque loxístico na Plataforma Loxística de Plaza en Zaragoza, concretamente na R/ Bari nunha superficie de 67.000 metros cadrados, froito da unión da parcela de 17.000 metros cadrados que acaba de adquirir coa parcela que a compañía adquiriu no ano 2006, e que conta cunha superficie de 50.000 metros cadrados. Destes, 30.000 metros destinaranse a superficie edificada. O proxecto suporá un investimento de 6,5 millóns de euros e espérase que as obras, en que participarán 50 fornecedores de obra e 300 persoas, estean rematadas para o ano 2020.

Co inicio do seu funcionamento trasladarase á Plataforma a actividade loxística que se realiza nas actuais instalacións de 11.200 metros cadrados, situadas tamén en Plaza, onde só se manterán os servizos de apoio e almacén de envases. O cadro de persoal, formado por 100 persoas, tamén será trasladado a este novo bloque loxístico automatizado que eliminará os sobreesforzos dos traballadores.

Investir para eliminar sobreesforzos e transportar eficazmente

O novo bloque loxístico de Zaragoza ampliará a capacidade loxística da rede de Mercadona que, no seu conxunto, supera os 970.000 metros cadrados de superficie. Por medio desta, a compañía fornece eficientemente todos os seus supermercados co obxectivo de transportar cada vez máis mercadoría con menos recursos, para alén de permanecer "invisible" para a contorna. Desde que a compañía decidiu apostar por este innovador modelo loxístico, que elimina sobreesforzos, ten destinado importantes recursos na modernización da súa rede loxística intelixente, para a que acotío traballan máis de 6.400 persoas e na que se teñen investido ao longo destes anos máis de 700 millóns de euros.

Imaxe de cabeceira: Interior do bloque loxístico automatizado de Abrera, Barcelona.