Agora que xa pasou o Nadal e volvemos á rutina, é conveniente coidarse e adquirir novos hábitos saudables. As Tortillas de trigo 100 % integrais son unha boa opción para iso. Ademais, están riquísimas e son moi fáciles de preparar.
Son perfectas para xantares e ceas familiares. Podes consumilas enroladas ou dobradas e co recheo segundo che guste (doce ou salgado) ou podes quentalas no microondas ou na tixola; incluso usalas como base de fina pizza, consumilas como pan para dipear ou acompañar o teu prato favorito...
Melloras na calidade deste produto
Atención ás nosas melloras de calidade neste produto:
- Pasamos de utilizar fariña de trigo e farelo a usar fariña de trigo 100 % integral.
- Pasamos a utilizar aceite de xirasol.
3 receitas con Tortillas de trigo 100 % integrais
Tortilla 100 % integral con salmón afumado
Ingredientes
- Salmón afumado.
- Aneto.
- Eiruga
- Aguacate.
- Lima.
- Ceboliño.
- Queixo fresco.
- Ourego.
- Tortilla de trigo 100 % integral.
Modo de preparación
- Corta a tortilla lonxitudinalmente dende o centro da tortilla cara ao exterior.
- Completa un dos cuartos da circunferencia que forma a tortilla cunha pouca eiruga.
- Tritura cun garfo un anaco de aguacate, aliña con lima e esparexe un pouco ceboliño picado. Dispón a mestura sobre outro dos cuartos da tortilla.
- Estende salmón afumado sobre o terceiro cuarto da tortilla e sazona con aneto.
- Dispón unhas cortadas de queixo fresco sobre o último dos cuartos e esparexe con ourego.
- Cerra a tortilla: a eiruga sobre o aguacate, despois sobre o salmón e, por último, sobre o queixo.
- Marca na prancha 2 ou 3 minutos por cada lado e gózaa.
Pizzeta integral con verduras
Ingredientes
- Tomate natural.
- Queixo relado mozzarella.
- Berenxena.
- Cabaciña.
- Champiñóns.
- Pemento vermello.
- Tortilla de trigo 100 % integral.
Modo de preparación
- Estende a tortilla de trigo integral sobre un papel de forno.
- Engade o tomate triturado natural. Cubre con queixo relado mozzarella.
- Corta unhas rodas moi finas de cabaciña, berenxena, champiñón e pemento. Parte en anacos pequenos e coloca sobre a pizzeta.
- Métea no forno quente a 220 ºC por espazo de 5 minutos.
Conos integrais de polo e queixo crema
Ingredientes
- Zanco e coxa de polo desosado.
- Leituga.
- Tomates cereixa.
- Queixo crema light.
- Herbas segundo vos guste.
- Tortilla de trigo 100 % integral.
Modo de preparación:
- Estende unha tortilla integral e enrola sobre si mesma xerando un vértice e formando un cono. Coloca un escarvadentes para que o cono permaneza firme. Méteo no forno 10 minutos a 200 ºC, controlando constantemente que o cono non se deforme, non se queime e que quede ben crocante.
- Nunha prancha, asa o zanco ou coxa de polo desosado, dourándoo ata que quede completamente cociñado. Corta en anacos co coitelo e reserva.
- Unta o interior do cono con queixo crema light. Esparexe herbas aromáticas segundo vos guste (ourego, tomiño, aneto…).
- Enche o interior con leituga cortada fina, tomates cereixa cortados pola metade e o polo cortado en anacos.
Outras recomendacións
Probaches Cereal Mix, 100 % natural? É unha rica mestura de cereais da máxima calidade, para os teus momentos sen azucre engadido.