Traballador de Mercadona nun supermercado de València

Mercadona comparte 409 millóns de euros con todo o seu cadro de persoal

01 de marzo de 2021
  • A compañía recoñece o gran labor realizado por todos os seus traballadores e traballadoras durante este 2020 porque, grazas a eles, Mercadona conseguiu a mellor xestión da súa historia, ao garantir a subministración e a apertura todos os días das súas máis de 1.600 tendas en España e Portugal.
  • Esta iniciativa pioneira de compartir os beneficios cos que realmente os xeran, implantouse hai máis de 20 anos e, dende entón, os accionistas da compañía distribuíron entre as traballadoras e traballadores máis de 4.200 millóns de euros.
  • 366 millóns de euros en concepto de prima por obxectivos e 43 como recoñecemento ao compromiso realizado durante a crise sanitaria.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, decidiu compartir 409 millóns de euros en primas en 2020 coas máis de 90.000 persoas que conforman o seu cadro de persoal. En concreto, 366 millóns en concepto de prima por obxectivos, que a compañía repartiu hoxe, 1 de marzo, aos que hai que sumar os 43 millóns que o pasado mes de abril de 2020 tamén recibiron os empregados como recoñecemento ao compromiso e extraordinario esforzo demostrado durante os inicios da crise sanitaria que está vivindo o país.

Para Patricia Cortizas, Directora Xeral de Recursos Humanos e Relacións Externas de Mercadona, “nun ano como 2020, tan complexo de xestionar, a compañía conseguiu a mellor xestión da súa historia. Garantir a apertura todos os días dos nosos máis de 1.600 supermercados en España e Portugal, non sería posible sen o talento e o esforzo diario de todas e cada unha das traballadoras e traballadores que formamos a compañía, sen o seu compromiso para preparar e servir as tendas, ou para entregar os pedidos en liña nos momentos tan difíciles que estamos vivindo. Para min e para todo o Comité de Dirección é un motivo de orgullo ter a oportunidade de comprobar, que nos momentos excepcionais é cando xorden as persoas excepcionais como as que compoñen este cadro de persoal que, cos seus feitos, se converteron nun exemplo para a sociedade”.

A decisión de compartir con todo o persoal o beneficio xerado implantouse nun día coma hoxe, hai máis de 20 anos, en 2001. Dende entón, Mercadona repartiu máis de 4.200 millóns de euros, cifra que reflicte o seu compromiso co crecemento compartido e o recoñecemento ao traballo e ao esforzo do conxunto do cadro de persoal. De feito, calquera traballadora ou traballador, dende o primeiro ano e en caso de alcanzar as metas e os obxectivos pactados ao principio do exercicio, cobra unha mensualidade extra, cantidade que ascende a dúas mensualidades unha vez que se superan os cinco anos de antigüidade. Grazas a iso, o soldo neto do persoal base ascende a aproximadamente 1.800 euros netos de media ao mes, coas pagas extra e a prima por obxectivos xa incluídas.

Medidas para protexer a saúde e a seguridade dos traballadores

Dende o instante en que se declarou o Estado de Alarma e, ata o momento, Mercadona destinou máis de 200 millóns de euros para protexer, reforzar e garantir a seguridade e saúde dos clientes, empregados e provedores, facendo das súas instalacións un lugar seguro. Este gasto extraordinario foi principalmente dirixido, entre outros, á adquisición de equipos de protección individual; desinfección, limpeza e adecuación de medidas de seguridade en tendas, bloques loxísticos, Colmeas e oficinas; e reforzo dos servizos médicos propios.

Unha política de RRHH pioneira no sector

Mercadona leva anos impulsando unha política de RRHH, pioneira no sector, que aposta pola conciliación, a formación e o desenvolvemento persoal e profesional de cantos compoñen o seu cadro de persoal. Neste sentido aprobou en agosto de 2020 a xornada laboral de 5 días para o persoal de supermercados, un fito para a compañía e para o sector, pois permite mellorar as medidas de conciliación laboral e familiar, ao poder descansar 2 días completos á semana, así como gozar de 8 fins de semana longas ao ano.

Con esta medida, reforza o seu compromiso coa posta en marcha de iniciativas pioneiras de conciliación laboral e familiar, que a compañía leva a cabo dende hai máis de 25 anos, cando decidiu iniciar o proceso de converter en fixo todo o cadro de persoal, instaurando unha forte aposta polo emprego estable e de calidade.

Traballador de Mercadona nun supermercado de ValènciaTraballador de Mercadona nun supermercado de València.

Traballadora de Mercadona no Bloque Loxístico de Vitoria-Gasteiz en Araba ÁlavaTraballadora de Mercadona no Bloque Loxístico de Vitoria-Gasteiz en Araba Álava.

Logo EActiVate