- A compañía pon a disposición dos seus “Xefes” (clientes) máscaras hixiénicas non reutilizables para nenas e nenos de 6 a 9 anos.
- Despois de incorporar máscaras para adultos a finais do pasado mes de maio e co obxectivo de satisfacer as necesidades dos clientes.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda a partir de hoxe máscaras hixiénicas non reutilizables aptas para nenas e nenos cuxas idades estean comprendidas entre os 6 e 9 anos. Co obxectivo de responder ás necesidades dos “Xefes” (clientes), esta novidade incorpórase ao longo do día de hoxe nas máis de 1.600 tendas da cadea.
As Máscaras Hixiénicas Infantís de Mercadona, fabricadas polo provedor DIasia Biomedical Technology, están compostas por tres capas elaboradas con polipropileno tecido e con propileno soprado, material filtrante que se utiliza na parte interior, e véndense en caixas de 10 unidades a un prezo de 5,40 euros. Este produto, que cumpre coa normativa UNE 0064-2:2020, pódese utilizar ata un máximo de 4 horas e recoméndase non tocalo coas mans durante o seu uso, así como substituílo por outra nova máscara en caso de que se humedeza ou deteriore.
Con esta incorporación, Mercadona ofrece nos seus lineais tanto máscaras para adultos, que a compañía comezou a comercializar a finais do pasado mes de maio, como máscaras para nenas e nenos.
Ainhoa Herrero, Especialista en Produtos de Fitoterapia e Parafarmacia de Mercadona, manifesta que “a actitude de escoita constante por parte da compañía cara ao ‘Xefes’ (clientes) foi crucial no proceso de incorporar as Máscaras Hixiénicas Infantís nos nosos lineais coa única misión de poder satisfacer esa necesidade captada ao pé das nosas tendas”.
Máscaras Hixiénicas Infantís no lineal de Mercadona.