Máscaras FFP2, no lineal de Mercadona

Mercadona comeza a vender Máscaras FFP2 nos seus supermercados

02 de marzo de 2021
  • A compañía pon a disposición dos seus “Xefes” (clientes) Máscaras Autofiltrantes FFP2 NR (non reutilizables) para satisfacer as súas necesidades.
  • Este modelo ten cinco capas cunha capacidade de filtrado de partículas igual ou superior ao 94%.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda Máscaras Autofiltrantes FFP2 NR (non reutilizables) de Deliplus co obxectivo de responder ás necesidades dos “Xefes” (clientes) nas máis de 1.600 tendas da cadea en España. Este modelo ten un total de cinco capas, cunha capacidade de filtrado de partículas igual ou superior ao 94%.

Con esta incorporación, que se estenderá a toda a cadea ao longo desta semana, Mercadona suma esta opción ás xa dispoñibles, como son as máscaras hixiénicas para adultos, que a compañía comezou a comercializar a finais do mes de maio de 2020, como máscaras hixiénicas para nenas e nenos, que se ofrecen dende o mes de xullo do pasado ano.

Máscaras FFP2 no lineal de MercadonaMáscaras FFP2, no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate