As Patacas Bravas de Hacendado, no seu novo envase

Mercadona cambia o envase das tortillas de patacas e das patacas bravas para favorecer a súa reciclaxe

24 de agosto de 2022
  • Substituíuse a base negra do envase por outra transparente, que facilita a xestión unha vez depositada no contedor amarelo.
  • O Provedor Totaler Elaborados Naturales de la Ribera elabora estes pratos nas súas instalacións de Funes (Navarra).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, modificou os envases de toda a familia de Tortillas de Pataca Hacendado e das Patacas Bravas Hacendado para facilitar a súa reciclaxe. O cambio consiste na substitución da base negra do envase por outra transparente, que facilita a detección óptica na planta de selección, unha vez depositada no contedor amarelo, paso previo á súa reciclaxe.

Producida polo Provedor Totaler Elaborados Naturales de la Ribera en Funes (Navarra), no caso da Tortilla de Patacas con cebola de Mercadona tamén se renovou a receita, rustrindo máis a cebola, para darlle ao “Xefe” (cliente) un produto cun sabor e cunha textura máis caseiros. Ademais, reforzouse a calidade das Patacas Bravas de Mercadona cun tamaño e cunha cor máis uniformes.

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

As Tortillas de Patacas de Hacendado, no seu novo envaseAs Tortillas de Patacas de Hacendado, no seu novo envase.

As Patacas Bravas de Hacendado, no seu novo envaseAs Patacas Bravas de Hacendado, no seu novo envase.