- Substituíuse a base negra do envase por outra transparente, que facilita a xestión unha vez depositada no contedor amarelo.
- O Provedor Totaler Elaborados Naturales de la Ribera elabora estes pratos nas súas instalacións de Funes (Navarra).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, modificou os envases de toda a familia de Tortillas de Pataca Hacendado e das Patacas Bravas Hacendado para facilitar a súa reciclaxe. O cambio consiste na substitución da base negra do envase por outra transparente, que facilita a detección óptica na planta de selección, unha vez depositada no contedor amarelo, paso previo á súa reciclaxe.
Producida polo Provedor Totaler Elaborados Naturales de la Ribera en Funes (Navarra), no caso da Tortilla de Patacas con cebola de Mercadona tamén se renovou a receita, rustrindo máis a cebola, para darlle ao “Xefe” (cliente) un produto cun sabor e cunha textura máis caseiros. Ademais, reforzouse a calidade das Patacas Bravas de Mercadona cun tamaño e cunha cor máis uniformes.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
As Tortillas de Patacas de Hacendado, no seu novo envase.
As Patacas Bravas de Hacendado, no seu novo envase.