Lineal de ambientadores dun supermercado de Mercadona

Mercadona baixa máis dun 60% as vendas dos ambientadores para o coche polos cambios de hábitos do consumidor

06 de maio de 2020
  • As vendas destes produtos baixan durante estes días porque o cliente non está realizando tantos desprazamentos en coche como de costume.
  • Pola contra, as vendas do ambientador da casa caen aproximadamente un 4% porque o consumidor non o percibe como un produto de primeira necesidade, aínda que a compañía empeza a observar que o cliente volve a incorporar este produto na súa compra habitual.
  • A compañía conta con máis de 60 ambientadores distintos, tanto para o coche como para a casa, dispoñibles nas súas máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España e en Portugal.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, baixa máis dun 60% as vendas dos ambientadores para o coche de Mercadona polos cambios de hábitos do consumidor, xa que agora “O Xefe” (cliente) desprázase menos no seu vehículo. Así mesmo, as vendas do ambientador para a casa de Mercadona tamén caen aproximadamente un 4% porque o consumidor non o percibe como un produto de primeira necesidade, aínda que a compañía empeza a observar que o cliente volve a incorporar de forma progresiva este produto na súa compra habitual.

Da selección de ambientadores para o coche de Mercadona, elaborados polo Provedor Totaler Francisco Aragón en Molina de Segura (Región de Murcia) e Relevi SPA en Italia, a compañía ofrece dúas opcións, unha para colgar no retrovisor e outra para poñer na reixa de ventilación.

Por outro lado, da selección de ambientadores para a casa de Mercadona, elaborados tamén polo Provedor Totaler Francisco Aragón, destaca que existen distintas opcións para ambientar o fogar, como ambientadores en spray, eléctricos, variñas ou candeas; así como ambientadores para un uso puntual, onde o consumidor o usa cando o necesita, ou para un uso continuo, onde se conecta unha soa vez para manter a fragrancia de forma ininterrompida. 

Lineal de ambientadores dun supermercado de MercadonaLineal de ambientadores dun supermercado de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará