Pan Torrado e de Molde con fariña 100 % integral de Mercadona

Mercadona aposta por fariña 100 % integral no seu Pan de Molde con Avea e nos seus pans torrados

15 de septembro de 2021
  • A compañía incrementa ademais a porcentaxe de avea e elimina azucres da lista de ingredientes neste Pan de Molde.
  • Os Provedores Totaler responsables de elaborar estes produtos son, para o Pan de Molde con Avea, Morato Iberia en Antequera (Málaga); e para o Pan e o Panciño Torrado o especialista en pans Anitin nas súas instalacións situadas en Carlet (Valencia) e en Jerez de la Frontera (Cádiz).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, renova a receita dalgúns dos seus pans e aposta pola fariña de trigo 100 % integral. É o caso do seu Pan de Molde con Avea, onde a compañía, ademais de realizar este cambio, incrementou a porcentaxe de avea, pasando a un 35 %, e eliminou azucres da composición deste produto, o cal, elaborado polo Provedor Totaler Morato Iberia nas súas instalacións de Antequera (Málaga), está entrando de forma progresiva en todas as tendas que a compañía ten en España.

Por outro lado, tamén destaca o Panciño e o Pan Torrado 100 % integral, elaborados ambos os dous polo Provedor Totaler Anitin nas súas instalacións de Carlet (Valencia) e de Jerez de la Frontera (Cádiz). O primeiro destes está dispoñible en toda a cadea e o segundo estará ao longo do próximo mes de outubro.

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orden; e no cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Nova receita do Pan Torrado e de molde con Avea de MercadonaPan Torrado e de Molde con fariña 100 % integral de Mercadona.