Corazón Crujiente de Mercadona con cobertura efecto espejo

Mercadona aposta polos corazóns nas súas dúas últimas novidades para celebrar San Valentín

08 de febreiro de 2021
  • A compañía pon á venda o Corazón Crocante, pastel de nata e crema de abelá crocante de cor vermella brillante, e o Corazón Chocolate, figura doce con sabor a chocolate con leite.
  • Pastisfred é o Provedor Totaler responsable de elaborar o pastel nas súas instalacións de Montblanc (Tarragona), e Vira Brands de preparar o doce de chocolate en Martorell (Barcelona).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, amplía a súa oferta doce e lanza dúas novidades máis con forma de corazón para celebrar o día de San Valentín.

Por un lado, na sección de pastelería conxelada, “O Xefe” (cliente) ten á súa disposición dende finais de xaneiro, e tras o éxito obtido nalgunhas das tendas de Tarragona e Lleida onde se probou durante dous meses cos clientes de alí, o Corazón Crocante de Mercadona, pastel de nata e crema de abelá  crocante de cor vermella brillante. Para elaborar este produto, envolto en plástico totalmente reciclable, o Provedor Totaler Pastisfred tivo que adaptar unha das súas liñas de produción das súas instalacións de Montblanc (Tarragona), para desenvolver esta nova e innovadora cobertura vermella efecto espello.

Por outro lado, dende hoxe e ata que finalice a campaña de San Valentín, os clientes poderán encontrar na liña de caixas o Corazón Chocolate de Mercadona, figura doce con sabor a chocolate con leite elaborado polo Provedor Totaler Vira Brands en Martorell (Barcelona).

Corazón Crocante de Hacendado con cobertura efecto espelloCorazón Crocante de Mercadona con cobertura efecto espello.

Corazón Chocolate de Hacendado con sabor a chocolate con LeiteCorazón Chocolate de Mercadona con sabor a chocolate con leite.

Logo EActiVate