AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Representantes de Mercadona e do Concello de Valencia ao pé da primeira furgoneta de gas híbrida na cadea.

Mercadona aposta polo transporte sustentable

22 de septembro de 2017
  • A compañía súmalle á súa estratexia de transporte sustentable unha nova furgoneta de gas na cidade de Valencia, que estará en probas para ir mellorando a súa implantación.

Mercadona, na súa aposta polo transporte sustentable, incorporou a primeira furgoneta de gas híbrida con gasóleo nun dos seus supermercados, concretamente, na cidade de Valencia.

O novo vehículo, que estará en probas para ir avaliando e mellorando a súa implantación noutros supermercados, presenta como característica principal que o gas empregado é GNC (Gas Natural Comprimido).

Este gas natural non contén chumbo nin trazas de metais pesados, mellorando a calidade do aire das cidades ao reducir en máis dun 85% as emisións de óxidos de nitróxeno e en case un 100% as partículas en suspensión. Tamén diminúe até nun 25% as emisións de CO2, principal gas de efecto invernadoiro. Para alén de dispor da etiqueta Eco segundo a clasificación da DXT.

Os motores de gas natural son silenciosos e reducen a emisión sonora percibida e as vibracións con respecto aos motores diésel e, en consecuencia, reducen a contaminación acústica.

Os modelos GNC poden circular libremente polas zonas urbanas incluso cando se aplican restriccións de circulación pola polución nas cidades.

O Concelleiro de Mobilidade do Concello de Valencia, Giuseppe Grezzi, no marco das actividades da "Semana de la Movilidad" da cidade, visitou o supermercado de Mercadona da rúa San Vicente Mártir para coñecer as características e o funcionamento desta nova furgoneta a gas e as melloras que supón para realizar o reparto do Servizo a domicilio de Mercadona para a cidade de Valencia.