Patas de polbo cocido de Mercadona

Mercadona aposta pola receita tradicional para preparar o seu polbo cocido

22 de septembro de 2021
  • A compañía elimina aditivos e prepara o seu polbo cocido só con auga e sal.
  • O Provedor Totaler Profand é o responsable de preparar este produto nas súas instalacións de Vigo (Pontevedra).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, renova a forma de preparar o seu polbo cocido segundo a receita tradicional, e elabórao con auga, sal e sen aditivos.

Eloísa Bas, especialista en Pratos de Peixe de Mercadona, explica a importancia de coñecer de primeira man como preparan os polbeiros este produto, “e é por iso polo que me despracei ao berce do polbo localizado no Carballiño (Ourense), para aprendelo todo sobre este produto. A isto, súmase a importancia das sesións de coinnovación realizadas cos clientes, xa que, grazas a eles, aprendemos que atributos eran os que esperaban encontrar no polbo cocido, como, por exemplo, a ‘mordida’ -que fose tenra, pero sen estar brando-”.

Ademais, a especialista destaca que a variedade actual de formatos á venda, dun quilo, de medio quilo e patas de polbo sen cabeza, é tamén grazas a escoitar “O Xefe” (cliente), “pois aprendemos deles que ás veces só buscan preparar un aperitivo e non necesitan moita cantidade”. Estas opcións sérvense en bandexas de plástico 100 % reciclable e elaboradas cun 85 % de material reciclado.

O polbo cocido de Mercadona é elaborado polo Provedor Totaler Profand, especialista de polbo con sede en Vigo e líder mundial en cefalópodos e en produtos de peixe en bandexa de atmosfera protectora. Ademais, é un dos principais operadores a nivel mundial do sector pesqueiro para o que dispón dunha frota propia de 22 barcos e 12 plantas industriais con máis de 2.500 empregados.

O compromiso de Mercadona co sector é firme, por iso se traballa para achegar e fomentar o consumo de produtos da pesca ao consumidor, como fonte de alimentos sans, seguros e de calidade.

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Polbo cocido no lineal de MercadonaPolbo cocido no lineal de Mercadona.