- Os clientes levaban tempo reclamando á compañía unha cervexa tostada 0,0 %, pensada para as comidas ou como aperitivo.
- Heineken é o Provedor Totaler responsable de elaborar esta bebida na súa fábrica situada en Sevilla.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, amplía o seu lineal de cervexas e incorpora a Falke Tostada 0,0 %. Esta cervexa, caracterizada polo seu sabor tostado e amplamente reclamada polos “Xefes” (clientes) da compañía, está pensada para tomar durante as comidas ou como aperitivo.
Esta nova bebida, dispoñible en toda a cadea dende o pasado mes de decembro, está elaborada polo Provedor Totaler Heineken nas súas instalacións de Sevilla, onde tamén elabora para a compañía outra cervexa 0,0 %, tamén da marca Falke.
Nova cervexa Falke Tostada 0,0 % no lineal de Mercadona.