Representantes da Fundación Ayuda Una Familia e Mercadona durante a entrega de alimentos

Mercadona amplía a súa rede social en Valencia e comeza a colaborar coa “Fundación Ayuda una Familia” de La Cañada (Paterna)

21 de xaneiro de 2021
  • Esta nova colaboración súmase ás que xa mantén con outros centros da provincia de Valencia, como a Casa Caridad, Buñuelos Sin Fronteras de Gandía, o Banco de Alimentos, o Albergue Sant Joan de Déu, Casal de la Pau e o Colexio Parroquial Diocesano Santiago Apóstol.
  • A Fundación reparte máis de 1.000 comidas semanais ás persoas sen fogar da cidade de València e dos arredores.
  • En 2020 a compañía doou máis de 355 toneladas de produtos de primeira necesidade ás organizacións e entidades benéficas coas que colabora na provincia de Valencia, un 70 % máis que en 2019.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, comezou a colaborar co comedor social da Fundación Ayuda Una Familia de La Cañada (Paterna, Valencia). A compañía doará diariamente produtos de primeira necesidade ao centro, que reparte máis de 1.000 comidas semanais ás persoas sen fogar da cidade de València e dos arredores. Os traballadores do supermercado, situado en San Antonio de Benagéber, serán os responsables de preparar á primeira hora da mañá os produtos de primeira necesidade para entregar á fundación.

O presidente da Fundación Ayuda Una Familia, Conor Hannah, indica que “a fundación se mostra orgullosa de contar coa asidua colaboración dunha empresa como Mercadona, que é líder do sector da distribución en toda España; sobre todo nestes momentos cruciais de pandemia sanitaria, crise económica preocupante e con moitas persoas vulnerables sometidas a fortes inclemencias meteorolóxicas”.

Miguel Sapiña, traballador da tenda de San Antonio de Benagéber de Mercadona e encargado de preparar todas as mañás os produtos que se van doar, sinala que agradece poder participar nesta iniciativa social, “ao poder axudar dende o meu traballo a persoas con dificultades”. Por outro lado, Mª José Sisamón, directora de relacións externas da provincia de Castelló e Valencia Norte de Mercadona, valora este acordo como “unha forma máis de reforzar o compromiso social na provincia de Valencia da compañía, ao ampliar a rede de asociacións e entidades benéficas coas que colabora, como por exemplo Casa Caridad, Buñuelos Sin Fronteras de Gandía, o Banco de Alimentos, o Albergue Sant Joan de Déu, Casal de la Pau e o Colexio Parroquial Diocesano Santiago Apóstol. Debido a estas colaboracións, en 2020 a compañía reforzou as súas doazóns na zona e doou máis de 355 toneladas de alimentos, é dicir, un 70 % máis que en 2019”.

Fundación Ayuda Una Familia

A Fundación, constituída en 2017, abriu a súa cociña a finais de 2020 para poder repartir comidas aos máis necesitados. Dende entón, reparten 1.000 comidas semanais ás persoas sen fogar da cidade de València e dos arredores.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, en 2020, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 17.000 toneladas de alimentos, 15.800 en España e 1.200 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomou a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Pensando na mobilidade sostible do “Xefe” (cliente), a empresa dispón xa de máis de 1.290 prazas para aparcar con puntos de recarga para vehículos eléctricos situadas nos aparcadoiros de máis de 500 tendas. Mercadona comezou a instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos en 2017, coa implantación do Novo Modelo de Tenda Eficiente, e prevé seguir aumentando esta cifra ao longo de 2021.

Mercadona é socia dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Representantes da Fundación Ayuda Una Familia e Mercadona durante a entrega de alimentosRepresentantes da Fundación Ayuda Una Familia e Mercadona durante a entrega de alimentos.

Logo EActiVate