- Pensados para sorprender aos “Xefes” (clientes), xa se venden 6.000 estoxos cada día en toda a cadea dende a súa recente chegada ao lineal.
- O Provedor Totaler Chocolates Valor produce esta variedade na súa fábrica da localidade alacantina de Villajoyosa.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ampliou a súa oferta de bombóns cos novos Senzza Corazón de Améndoa, dos que vende ao día 6.000 estoxos de 16 unidades en toda a cadea.
Desenvolvidos pensando en sorprender aos “Xefes” (clientes), os novos Senzza Corazón de Améndoa de Mercadona levan un 52 % de chocolate negro na cobertura e un recheo de praliné de améndoa con anaquiños de améndoa. Cada bombón está envolto individualmente e preséntase nun estoxo de cartón, que permite conservalos comodamente sen que perdan as súas calidades.
O Provedor Totaler Chocolates Valor produce na súa fábrica de Villajoyosa (Alacant) esta variedade que se suma ás que son dende hai anos as favoritas dos “Xefes”, como a Selección Senzza, composta por bombóns Negro Abelá, Negro Fondant, Leite Praliné e Leite Améndoa.
Os novos bombóns Senzza Corazón de Améndoa, no lineal de Mercadona.