Crema das Mans con Aceite de Oliva, dispoñible na sección Perfumería de Mercadona

Mercadona amplía a oferta da perfumería cunha nova Crema das Mans con Aceite de Oliva

14 de xullo de 2020
  • O produto, que a compañía empezou a vender a principios do mes de xullo, xa está dispoñible nas súas máis de 1.600 tendas.
  • O Provedor Totaler RNB é o encargado de fabricar, baixo a marca Deliplus, este produto nas súas instalacións situadas en La Pobla de Vallbona (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda unha nova crema das mans nutritiva con aceite de oliva de Deliplus. Esta novidade comezou a venderse en varios supermercados da cadea a principios do mes de xullo e hoxe xa está dispoñible nas súas más de 1.600 tendas.

A Crema das Mans con Aceite de Oliva de Mercadona é apta para todo tipo de peles e proporciona unha nutrición e hidratación intensa, especialmente nas mans con maior tendencia á sequidade. Entre os seus compoñentes, destaca o extracto de equinácea, cun grande efecto rexenerador; así como o escualeno, que hidrata e reduce a sequidade da pel. Así mesmo, contén manteiga de Karité, ingrediente que minora a perda de hidratación ao crear un efecto barreira sobre a pel; e Vitamina E, complexo atenuante do envellecemento cutáneo.

Esta novidade, dispoñible en formato de 30 mililitros, está elaborada baixo a marca Deliplus polo Provedor Totaler RNB nas súas instalacións situadas en La Pobla de Vallbona na provincia de Valencia e incorpórase á selección de cremas das mans cun formato reducido e cómodo que lles permite aos “Xefes” (clientes) levala cada día nos seus bolsos e mochilas sen ocupar excesivo espazo.

Crema das Mans con Aceite de Oliva, dispoñible na sección Perfumería de MercadonaCrema das Mans con Aceite de Oliva, dispoñible na sección Perfumería de Mercadona.

Logo EActiVate