- Turrón duro, brando, de xema tostada e chocolate crocante conforman esta selección, cuxas porcións se adaptan ao consumo do “Xefe”.
- Sanchis Mira é o Provedor Totaler que elabora este produto nas súas instalacións situadas en Xixona (Alacant).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, adapta o tamaño de cada porción da selección de Miniturróns de Hacendado tras escoitar ao “Xefe” (cliente), quen consome de forma distinta segundo que turrón.
Agora, o cliente poderá encontrar unha selección de 15 porcións composta por tres de turrón de xema tostada e por catro de turrón duro, brando e de chocolate crocante. Todos estes bocados son elaborados polo Provedor Totaler Sanchis Mira nas súas instalacións situadas en Xixona (Alacant). Ademais, se só se busca gozar dun único turrón, pero sen renunciar á comodidade de consumilo en porcións, o cliente tamén poderá encontrar paquetes de entre 8 e 10 porcións dun único sabor.
Calidade Total ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
Selección de Miniturróns de Mercadona.