Mercadona abre hoxe o seu primeiro supermercado en Ceuta

Mercadona abre hoxe o seu primeiro supermercado na Cidade Autónoma de Ceuta

13 de septembro de 2018
  • A nova tenda situada en La Almadraba supuxo a creación de 128 postos de traballo de emprego estable e de calidade.
  • O novo supermercado, no que a compañía investiu 7,6 millóns de euros, dispón dunha sala de vendas de 2.062 metros cadrados e 210 prazas de aparcamento.

Mercadona abriu hoxe o seu primeiro supermercado en Ceuta. A nova tenda, situada en La Almadraba, supuxo un investimento de 7,6 millóns de euros e é a primeira das dúas que ten proxectadas a compañía na cidade autónoma.

O novo supermercado, que supuxo a creación de 128 postos de traballo de emprego estable e de calidade, responde ao Novo Modelo de Tenda Eficiente que Mercadona está implantando na súa rede de centros. O primeiro supermercado da compañía en Ceuta ten unha superficie de sala de vendas de 2.062 m2 e conta con 210 prazas de aparcamento. Dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e novos materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións; aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Novidades en todas as seccións

A nova tenda presenta novidades en todas as seccións e delas benefícianse tanto os “Xefes” (como a compañía denomina os seus clientes), como os traballadores, os provedores e a sociedade. Dispón dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, un novo punto de acabado para a carne, unha nova chacinería con xamón cortado co coitelo, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e máquina de zume de laranxa acabado de espremer, entre outras novidades.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén busca ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores de froita e verdura e dos novos modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Ademais, dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como unha zona comedor máis equipada e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, o Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tomou medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día. 

Igualmente, este novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. 

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona na cidade autónoma de Ceuta beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha oferta eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.